
Partido esperado o deste pasado Sábado no municipal de Tarrío e é que a cita era de soleira para o BM.Culleredo, xa que ía disputar o seu primeiro derbi en categoría nacional ante o histórico OAR da Coruña.
Os de Culleredo, comezaron moi metidos no encontro, con boa disposición, notable intensidade e criterio táctico no posicional. Por contra, o traballo da retagarda e do balance defensivo ,era insuficiente ante a fortaleza do conxunto oarista. O Sweepend Culleredo plantaba cara a todo un equipo como o coruñés e mesmo asomaba a cabeza no electrónico cando se cumpría o minuto 10 (7-6). A partir de aquí, uns minutos de igualdade, xusto ata o vinte de partido no cual, os visitantes lograrían unha renda de dous goles (11-13). O último tramo do primeiro acto sería fatídico para os intereses cullerdenses e é que o equipo se precipitaía en exceso, acumulando varias perdas de balón e erros ante a portería rival que o OAR aproveitaría para marcharse ao tempo de descanso cunha renda que ao cabo sería imposible de superar por parte do Sweepend (15-22). A pesar da diferenza que mostraba o electrónico, o Culleredo sairía na continuación para tentar voltear o mesmo, expondo unha defensa máis aberta e apostando polo ataque sen porteiro no posicional. Os xogadores do OAR, apelando á súa maior experiencia, controlarían perfectamente o ritmo que máis lles interesaba e non permitirían que o seu rival achegásense máis aló dos sete goles, diferenza coa que terminaría un partido que o Sweepend Culleredo tentaría loitar e competir ata o final.
Sweepend Culleredo: 32 (15+17). Jorge López (p), Oscar Bello (P), Martín Insua (8), Carlos Costa (2), Carlos Martín Guisasola (2), Marcos Vázquez (3), Daniel De Salvador (4), Iago Ferreiro (7), Nuno Loxo (2), Aresio Rosende, Mario Crecente (4), Darío Pérez, Senén Garea.
Attica 21 Hotels OAR Coruña: 39 (22+17). Mauro Jaureguiberry (11), Roberto Iosif (3), Pablo Martínez (4), Pablo Fdez (2), Juan Pereira (1), Joel Rábade (4), Kevin Dacosta (1), Juan Carlos Rodríguez (6), Miguel Ángel Simón (1), Diego Martínez (3), Santiago Gómez, Richard De Jesús Tejada, Ramón López, Diego Gago (2), Francesco Aragona (1).
Parciais cada 5´: 3-5 / 7-6 / 9-9 / 11-13 / 13-16 / 15-22 / Descanso / 16-24 / 18-27 / 20-30 / 23-33 / 28-35 / 32-39 / Final.
Colexiados: Pablo González e Samuel Prieto.
Incidencias: Encontro correspondente á xornada nº 12 na primeira nacional masculina (Grupo A) e primeiro derbi das Mariñas. Partido disputado nun pavillón de Tarrío abarrotado de público. Reseñar que antes de esta festa do balonmán provincial, o BM.Culleredo fixo a presentación de todos os equipos do seu clube, así como dos 361 rapaces e rapazas que o acreditan coma o segundo clube de Galicia con máis licencias federativas.
Fotos do encontro:
