Saltar ao contido

SOLIDEZ E REGULARIDADE DO BM.CULLEREDO SWEEPEND NA LIGA OURO

Nova vitoria do BM.Culleredo Sweepend, que segue mostrándose moi sólido e fiable nesta competición da liga oro. Nesta xornada e para continuar o ronsel do líder invicto Cisne Colegio Los Sauces, os cullerdenses tiveron que impoñerse a un conxunto que deixou moi boa impresión no municipal de Almeiras e que, a pesar de ocupar o penúltimo posto da táboa clasificatoria, demostrou un espírito competitivo sobresainte e unha ideas tácticas que demostran que o posto que ocupan non lles fai xustiza. Os do Rosal, fixeron empregarse a fondo aos locais e de feito comezaron dominando o envite (3-4) mostrándose moi fortes nas accións de 1x1 ante o 6:0 rival. O BM.Culleredo Sweepend tardou dez minutos en tomar a dianteira (6-5) e foi a partir de aquí cando, empregando o seu xogo dinámico e veloz, comezaría a abrir diferenzas máis amplas co paso dos minutos. O cambio defensivo a 5:1 tamén foi importante, xa que este sistema provocaría dúbidas e as consecuentes perdas de balón nos rosaleiros. Ao descanso chegábase cun cómodo 20-12 que achandaba moito o camiño para os de Culleredo.
No segundo acto, a amplitude de banco do Culleredo conseguiría manter o ritmo alto que máis interesa aos locais e a diminución física do seu rival comezaría a facerse evidente co paso dos minutos. Con todo iso, o BM.Culleredo Sweepend se distaciaría máis e máis no marcador e terminaría por conseguir dous importantes puntos que os mantén no alto da táboa á espera do enfrenamiento a semana que vén en Vigo ante o Reconquista.

BM. Culleredo Sweepend: 35 (20+15). Marco González (P), Hugo Díaz (P), Lucas Sánchez, Aarón Blanco, Marcos Regueiro, Atalo Bello, Josemi, Adrián Veira, Iván Sánchez, Samuel Seijas, Alejo Martínez, Nico Casal, Daniel González, David Martínez, Felix Noya, Antón Pérez.

Valinox Novás: 22 (12+10). Hugo Brandón, Mateo Pousa, Nicolás Portela, Iago Vicente Adrover, Fernando Otero, Alonso Martínez, Jacobo Rodríguez, Mario Bento, Alex Cobos, Hugo González, Daniel Alonso.

Parciais 5´: 3-4 / 6-5 / 8-7 / 13-10 / 16-12 / 20-12 / DESCANSO / 25-13 / 28-15 / 30-17 / 32-18 / 35-21 / 35-22.

Colexiados: Iago Allegue e Martina Regueiro.

Incidencias: 6ª xornada da Liga Ouro en categoría xuvenil masculino. Partido disputado no pavillón municipal de Almeiras con un excelente ambiente e as bancadas cheas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *