Saltar ao contido

O REMAX RIAZOR, LÍDER INVICTO A PESAR DO MAL PARTIDO EN LALÍN

O BM.Culleredo Remax Riazor, desprazábase no día de onte a Lalín para enfrontarse ao conxunto locatario nun duelo que serviría para que os de Culleredo referendarán a primeira praza da clasificación e se mantivésen como líder invictos nesta Liga Prata. Con todo, o conxunto cullerdense non completou un bo partido, especialmente nos minutos iniciais, onde entrou con moi pouca intensidade e concentración ao 40x20 do Lalín Area. A medida que foron pasando os minutos, o Remax Riazor foi mellorando as súas prestacións e impoñendo a súa evidente superioridade física, aínda que o xogo e especialmente a fase defensiva, continuaba ofrecendo lagoas importantes no plano TEC-TAC. A diferenza entre ambos os conxuntos, sería suficiente para que os de Culleredo finiquitaran o partido ao termo dos primeiros trinta minutos cun amplo resultado (6-20) e a continuación converteríase nun mero trámite. Así foi, que despois do paso por vestiarios, o envite non tivo maior aliciente e a diferenza de goles seguiría aumentando a favor do conxunto coruñés ata ese 15-42 final.

Vayro Lalín 15 (6+9): Iago Alexandre Cuiña, José Alberto Canda, Roi Pol, Lucas Vilariño, Iker Fiuza, Brais Llinares, Sergio Sánchez, Pedro Aller, Nico Vázquez, David González, Gabriel Pérez.

BM. Culleredo Remax Riazor 42 (20+22): Hugo Díaz, Hugo García, Jorge Outón, Jaime Serrano , Teo López, Roi Fernández, Iago Allegue , Xoán Canedo , Xoán Bello, Fabián Manzo, Hugo Rodríguez.

PARCIALES CADA 5`MIN: 2-1 / 2-3/ 4-9 / 4-11 / 4-16 / 6-20 / Descanso / 8-25 / 10-27 / 10-33/ 12-36 / 12-40 / 15-42

Colexiada: Sara Gómez.

INCIDENCIAS: Xornada 5 do grupo C da Liga Prata na categoría cadete masculina , disputada no pavillón Lalín Arena ante un centenar de siareiros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *