Saltar ao contido

O GALAICO CARAVANING PERDE EN LUGO SEN PERDER A CARA O ENCONTRO

Difícil saída tiña o Galaico Caravaning que viaxa a Lugo a enfrontárse ao colider da categoría no grupo C da liga de prata o CP.Lucense. Un Lucense que ainda non coñece a derrota xa que os partidos os conta por victorias.

O Galaico Caravaning que conta na súa plantilla coa maioria de xogadores de primeiro ano presentábase na Casa dos deportes de Lugo para dar máis que guerra.

O encontro comezaba con moita igualdade no marcador , o Galaico Caravaning plantexaba a nivel defensivo un esquema 5:1 agresivo onde tiña a orde de alexar a primeira liña do Lucense moito máis grande antropometricamente e máis forte que o equipo cullerdense. Isto estaba a ser un acerto pese a eficacia nos lanzamentos do equipo local .

O Galaico Caravaning estaba cómodo na fase defensiva pero xa a partires do minuto 15 da primeira metade o equipo cullerdense sufriu un baixón na fase ofensiva onde un duro Lucense faciase forte e os nosos non encontraban solucións ofensivas, o xogo era lento e individual no que era aproveitado polo equipo local para conseguir unha ventaxa de 5 goles , que a grandaría máis co paso dos minutos cun Galaico Caravaning sobrepasado pola dureza do equipo local . O descanso 22-11 no marcador.

Na segunda metade pese a seguir sufrindo a fortaleza dos xogadores do Lucense os rapaces cullerdenses moi valentes no encontro empezaron a meter ritmo en ataque comandado por Jairo Candamio que aproveitaba a sua velocidade e explosividade para coller po sorpresa unha e outra vez a defensa local . O Galaico Caravaning estaba moi cómodo na fase ofensiva onde todos estaba a portar aspectos positivos e incluso a facer dudar o equipo local pedindo un tempo morto que demostraba que o equipo cullerdense estaba a ser superior en certas fases do encontro nesta segunda metade.

O Galaico Caravaning cambiaría o sistema defensivo e pasaría aun 6:0 que lle deu certa confianza e seguridade , ainda así a diferencia no marcador reduciuse por momentos pero non o suficiente para acercarse máis, isto o foi aproveitando o equipo local que sen facer nada extraordinario conseguían manter a renta de goles e finalizar el partido sen sorpresa algunha no marcador.

Bó partido do Galaico Caravaning que non perdeu a cara o encontro en ningún momento e loito e se esforzou o máximo para poder conseguir algo máis nesta pista tan compricada.

Felicidades ao traballo dos xogadores, ahora toca seguir traballando pola semana para poder seguir mellorando e poder conseguir mellores resultados.

Forza Culle.

RESULTADO FINAL: CP LUCENSE 45- BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING 34

MILLAVEN CP LUCENSE: (22+23): Daniel Sanjuan, Lucas Diaz, Miguel Barreiro,Álvaro Guerreiro,Roi Lence, Martin Alonso,David Gonzalez, Rodrigo Pumares, Gabriel Arean, Amir Berka, Adrián Mosquera, Andre Fernandez

BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING: (11+13): Jorge Amor, Hugo Nodar, Victor Laya, Mateo Negreira, Jairo Candamio, Hugo Bermúdez, Adrián Aneiros, Xoán Seoane, Diego Rodriguez, Alex Tajes, Hugo Bregua, Pablo Ares.

PARCIALES CADA 5`: 3-3/7-6/12-7/14-7/17-8/22-11/25-15/28-20/32-20/36-25/39-29/45-34

ÁRBITROS: Nicolas Nuñez y Nicolás Fernández

INCIDENCIAS: Xornada 5 da liga regular de liga prata do grupo C, disputado na Casa dos deportes de Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *