Saltar ao contido

O XM ‘DESPREOCUPATE’ LÉVASE OS DOUS PUNTOS EN ALMEIRAS!!!!

Nova xornada de balonmán para os xuvenís cullerdenses do 'despreocupate.es', que nesta ocasión actuaron de anfitrións ante o Bm Miño de Ourense.

O Culle encontrábase nun bo momento tras acadar dúas victorias nos encontros anteriores, pero era necesario un cambio de actitude nestes rapaces, un puntiño máis de confianza e de creerse que son un gran grupo. Con este obxectivo por enriba da victoria, os nosos saían lúcidos e con moitas gañas á cancha, conseguindo un bo parcial xa nos minutos iniciais.

A intensidade do Culle era notable, a ratagarda funcionaba case a perfección e con moita profundidade dos nosos segundos, provocábamos o erro nos ourensáns, o que aproveitabamos para correr e anotar en accións de segunda ondada. Os ourensáns que partían dun plantel moi escaso mermado por baixas, ían esgotando os seus folgos; o Culle cun conxunto moito máis amplio non paraba de rotar xogadores e así manter o ritmo alto ata o final, onde os do Miño non puideron máis que maquillalo electrónico.

Un gran partido destos xuvenís, que seguen amosando a súa melloría semana a semana, tanto a nivel tactico, coma a nivel vestiario. Seguimos traballando!!!!!!

Forza despreocupate, forza Culle!

Bm Culleredo Despreocupate.es 39-23 Bm Miño

BmCulleredo: Nico Díaz, Nico Arias, Adri López, Rubén Gantes, Bruno Pardo, Anxo Negreira, Antón Pérez, Iago Vázquez, Álvaro Siso, Xoel Insua, JuanFran Pazos, Lucas López, Jairo Míguez, Matías Teixeiro, Mateo Pérez, Diego del Río, Mario Sánchez.

Bm Miño: Jonay Coello, Gang-min Do, Izan Fariñas, Javier Reina, Miguel Gil, Iván Alonso, Oscar Díaz, Ían Eneko, Santiago Michael, Carlos Miguel Hermida, Adrián Ferreiro.

ARBITRAXE:

André Pena.

INCIDENCIAS:

Séptima xornada de liga prata desputada no municipal de Almeiras ante un gran número de siareiros cullerdenses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *