Saltar ao contido

Previa da xornada

Xornada ateigada de encontros para os nosos equipos nesta fin de semana, con partidos que van dende os prebenxamíns ata os senior. Sobre todo é unha xornada de viaxes, con desprazamentos complicados e de gran importancia.

(IF) BM BRIGANTIUM NUNEGAL VS BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL

O Bm Culleredo Cristalería Gestal visitará ás veciñas do Brigantium, buscando reencontrarse co seu mellor nivel defensivo. A presión da nosa defensa 3:3 tentando roubar balóns e o xogo colectivo en ataque serán craves para poder levarnos esos 2 puntos tras unha fin de semana de descanso.

(IF) BALONMANO PORRIÑO VS BM CULLEREDO SUTENOR

O Bm Culleredo Sutenor volve a enfrontarse por terceira vez contra o Balonmán Porriño, nesta ocasión enfrontaranse no campionato ligueiro.

Este encontro será moi diferente aos anteriores, o Porriño buscará vencer por primera vez ao Sutenor e reter os dous puntos. Mentres o Sutenor quere sumar dúas vitorias consecutivas para asentarse nos postos altos da táboa.

(IM) REPRINT ARTEIXO BM VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

Visitarán a pista do Reprint Arteixo os nosos rapaces do Bm Culleredo Climanosa, unha pista moi difícil para xogar este ano. Terán en fronte a un equipo moi forte físicamente que porá en dificultades a nosa labor defensiva, pero de seguro que o Climanosa plantará cara e fará un bo partido que sirva para continuar progresando.

(IM) MILLAVEN CP LUCENSE VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

O Bm Culleredo Óptica Gallaecia viaxará na mañá deste sábado a Lugo en busca de traer 2 puntos de terras lucenses. Os locais son un dos equipos máis en forma da categoría e de seguro que nos dará moitos problemas coa súa intensa defensa. Para poder loitar polo encontro deberán os nosos minimizar as perdas en ataque e ser moi solidarios en defensa, con axudas definitivas que frenen as acometidas lucenses.

(IM) BM ABEGONDO NOROPLAZA VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA

O Bm Culleredo Nosolomadera visita a sempre difícil pista do Abegondo, nun partido que se prevé moi difícil e axustado. Terán os nosos que dalo mellor de sí para poder facer dano a un sólido equipo local, pero loitarán os nosos por esa vitoria para poder acercarse aos postos altos da táboa.

(CF) CHORRO NAVAL AS CHOQUEIRAS VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Logo de acadar os dous primeiros puntos na Liga de Ouro, as rapazas do Fisioterapia Benestar, desprázanse a terras redondelás cun aliciente positivo.

Encontro onde non se hai que confiar do rival, as Choqueiras, que ainda non conseguiron acadar unha victoria e sitúanse pechando a táboa clasificatoria da Liga de Ouro.

O enfrontamento terá lugar o domingo día 26 Novembro ás 12:45 no Pavillón Municipal de Redondela A Marisma.

(CM) MILLAVÉN CP LUCENSE VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING

Os nosos cadetes do Galaico visitan a difícil pista do Lucense, segundo na táboa, empatado a puntos co líder.

O Galaico Caravaning despois desta boa semana de adestramentos quere demostrar o bo xogo amosado no último partido, o derbi cullerdense.

(CM) VAYRO LALÍN VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Partido difícil para o BM.Culleredo Remax Riazor esta próxima fin de semana en Lalín e oportunidade para que os cullerdenses afástense do conxunto dezán en catro puntos. Para iso, o Remax Riazor deberá de saír ca máxima seriedade e concentración á pista do impoñente Lalín Area co obxectivo de sumar os dous puntos en xogo. A retagarda antóllase crucial no envite e a recado que de non conseguir unha nota alta nesta faceta, os de Culleredo terán dificultades na confrontación. O encontro comezará ás 11:00h.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS CLUB BALONMÁN MIÑO

Nova xornada para os xuvenís de prata que veñen de gañar en Vigo o finde pasado. O seu obxectivo é acadar os dous puntos e seguir consolidándose como o gran grupo que é.

(XM) BM CULLEREDO SWEEPEND VS VALINOX NOVÁS

O BM.Culleredo Sweepend, desexa continuar na liña positiva que lle sitúa actualmente ao ronsel do líder da liga Ouro en categoría xuvenil masculina. Para eso, deberá de impoñerse ao Valinox Novás do Rosal, tarefa nada sinxela a priori dado o marcado carácter competitivo e de loita do conxunto rosaleiro. Unha vez máis, a seguridade que transmite o equipo na súa retagarda será esencial para que os de Culleredo poidan sumar dous novos puntos que lles axuden a continuar na parte alta da táboa clasificatoria. O encontro disputarase ás 18:30h no municipal de Almeiras.

(SM) DISICLÍN BALONMÁN LALÍN VS SWEEPEND CULLEREDO

O Sweepend Culleredo, desprazarase este próximo sábado ata unha das pistas históricas da 1.ª nacional para enfrontarse ao Disiclín Balonmán Lalín, na que será a 11.ª xornada do campionato ligueiro da categoría. Dadas as innumerables baixas do conxunto cullerdense, este novo exame ante o conxunto dezán tórnase máis complexo se cabe, pero os de Culleredo, con numerosos xuvenís convocados para a confrontación, sairán a competir e a plantar cara ante este gran rival. O encontro disputarase ás 19:00h no maxestoso Lalín Arena, un escenario inigualable para que o Sweepend Culleredo tente mellorar a regularidade no xogo e non sucumbir nas segundas partes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *