Saltar ao contido

O SWEEPEND CULLEREDO AGUANTA TRINTA MINUTOS ANTE O POTENTE LANDBIT LANZAROTE

O Sweepend Culleredo, non puido o pasado sábado cun Landbit Lanzarote que se mostrou moi superior. A parte das cuantiosas baixas por lesión que asolan e están a mermar o rendemento da plantilla cullerdense, a diferenza entre un equipo, o insular, que posúe un cadro de persoal con numerosos xogadores profesionais ou semiprofesionales e o cullerdense, totalmente amateur, notouse desde o inicio do envite e a evidencia da enorme distancia física entre uns e outros, comezaría a decantar a balanza a favor dos visitantes desde o asubío inicial, que xa dominaban por 1-5 no paso polo minuto oito. Os de Culleredo, cambiaron entón o plan tentando voltear a situación, mudando a sistemática defensiva de 6:0 a 5:1 e atacando con 7 no posicional, dando entrada ao xuvenil Iván Sánchez para que tomase o mando no xogo en superioridade numérica. A estratexia causaría o efecto desexado e o parcial gañador desde ese minuto oito ata o final do primeiro acto, sería favorable ao Sweepend Culleredo (10-9). Con todo e eso, o marcador continuaba reflectindo unha diferenza para o Lanzarote de tres goles (11-14), aínda que os ánimos dos xogadores de Culleredo situábanse agora no punto máis álxido para manter o espírito competitivo na continuación.
Foi no segundo tempo cando os visitantes terminarían por abrir unha brecha definitiva, xa que entre o minuto trinta e cinco e corenta, lograrían un parcial de 0-4 que poñería unha distancia xa insalvable entre ambos os conxuntos. A partir deste intre, o dominio e control do partido foi cómodo para o equipo insular, que terminou por demostrar o seu gran potencial e o porque é un dos grandes favoritos ao título.

Sweepend Culleredo : 21 (11+10). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Iván Sánchez (3), Samuel Seijas (2), Aresi (1), Martín Insua (1), Carlos Costa, Carlos Martín (2), Marcos Vázquez, Juan De Salvador, Mario Crecente (5), Daniel De Salvador, Adrián Díaz, Nuno Loxo (4), Senén Garea (2), Darío Pérez (1).

Landbit Lanzarote: 35 (14+21). Vicente González, Rafael Robayna (1), Joel Armas (9), Acoidán Martín (2), Javier Aragón (3), Marcos Vinicius Santiago (3), Ander Iriarte (4), Aday González (1), Oscar Silva (1), Miguel Laguna (4), Manuel Ángel Iglesias (6), Daniel Martín (1), Asier Morillas.

Parciais cada 5´: 0-3 / 2-5 / 4-9 / 7-12 / 9-13 / 11-14 / Descanso / 13-17 / 13-21 / 16-25 / 17-30 / 20-33 / 21-35 / Final.

Colexiados: Marcos Pérez e Alberto Fdez.

Incidencias: Partido correspondente a décima xornada no grupo A da 1ª nacional en categoría senior masculina. Encontro disputado no municipal de Tarrío con un bo número de siareiros nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *