Saltar ao contido

O Despreocupate.es consegue os dous puntos en Vigo.

Este domingo os xuvenís de prata, viaxaban cedo ao Municipal das Travesas en Vigo, onde nos recibiría o Seis do Nadal, correspondendo a sexta xornada ligueira.

O Culle chegaba a Vigo co obxectivo de seguir mellorando o seu xogo nunha xornada máis, logo de non poder acadar os dous puntos nos últimos dous encontros.

Os cullerdenses saían moi enchufados dominando sempre no marcador, pero sen chegar a estar cómodos no 40x20. A falta de ritmo en ataque e as precipitacións, non nos permitían afastarnos no electrónico ante un rival que con menos balonmán, non desaproveitaban as oportunidades para facer gol, chegando así ao final da primeira metade 12-17 a favor do nosos xuvenís.

Na reanudación, o culle saía máis metido e máis disciplinado en labores defensivas, cun plantexamento de 5:1, recuperabamos sendos balóns que aproveitábamos para subila contra, onde o culle era insuperable. Malia iso, os vigueses seguiron a remar todo o encontro, facendo que o culle non pudiede relaxarse en ningún momento. Unha segunda parte marcada polo ritmo alto de xogo do culle e unha gran labor defensiva, conseguíamos afastarnos no electrónico para rematalo encontro cun resultado final favorable de 25-36.

Bm Seis do Nadal 25-36 Bm Culleredo Despreocúpate.es

Sedona: Adrián Quinteros, Victor Castro, Anxo Pérez, Diego Fandiño, Iago Camean, Alejandro Glez, Roberto Alfaya, Ignacio Gómez, Manuel Vieitez, David Álvarez, Victor Carou, Lucas Fdez, Roberto Salgado.

Culleredo: Nico Díaz, Nico Arias, Adri López, Rubén Gantes, Bruno Pardo, Anxo Negreira, Antón Pérez, Iago Vázquez, Álvaro Siso, Xoel Insua, JuanFran Pazos, Lucas López, Jairo Míguez, Matías Teixeiro, Mateo Pérez.

PARCIÁIS:

2-1/ 6-4/ 9-5/ 13-9/ 15-9/ 17-12/ descanso/ 20-13/ 21-14/ 23-18/ 26-20/ 32-22/ 36-25/ final.

ARBITRAXE:

Marta González e Andrea Martínez.

INCIDENCIAS:

Sexta xornada de liga prata desputada nas Travesas en Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *