Saltar ao contido

Partidazo e espectáculo no derbi infantil en Almeiras

Tocaba na tarde deste domingo vivir un partido especial para o clube nesta nova xornada, co derbi entre o Óptica Gallaecia e o Climanosa, ambos na Liga Prata infantil masculina.

Partido moi especial entre dous equipos que forman parte dun mesmo grupo e que afrontaban con ilusión e ganas por loitar por 2 puntos “diferentes”, nun partido no que a rivalidade foi grande e limpa.

Prantexaban ambos equipos dúas defensas moi diferentes a pesares de ser ambas 3:3, con un Óptica Gallaecia coas liñas máis xuntas, máis recollido, buscando ter as axudas máis cerca para poder frear os rápidos ataques do Climanosa. Pola súa parte o Climanosa prantexaba unha defensa máis presionante, buscando xerar dúbidas no ataque do Óptica Gallaecia.

Iniciaba o encontro con moita igualdade, pero con un Climanosa algo máis despertó que conseguía xerar moito peligro xogando de forma colectiva, con un xogo sen balón espléndido para gañalo espazo atacando aos intervalos. Na fase ofensiva tentaba o Óptica Gallaecia xogar a partires do 2x2 co pase y va no lado esquerdo do ataque, iniciando moi ben pero estando errados á hora de continuar o balón, perdendo varios balóns.

Nos derradeiros intres do 1º tempo reaccionaba o Óptica Gallaecia, que era máis contundente nas axudas, facendo valer a superioridade física co Climanosa e chegando a situacións máis claras de lanzamento, que deixaban ao Climanosa soamente 1 gol por encima no descanso.

Comezaba a segunda parte cun Óptica Gallaecia que quería presionar máis e alonxar da portería aos atacantes, sen embargo o bo xogo de pase y va e as boas accións individuais dos pivotes do Climanosa suporían un problema para o Óptica Gallaecia, que se vía superado. Facía valer nesta parte o Óptica Gallaecia a súa superioridade física, sendo máis incisivos no 1x1 e gañando nesas accións, pero toparíanse en cuantiosas ocasións con moi boas paradas de Iago Bolaños que lle permitía ao Climanosa manter unha pequena ventaxa.

Reaccinaría o Óptica Gallaecia que conseguía poñerse 2 goles por encima no marcador continuando ben o balón cara a dereita para que penetrase o seu lateral dereito en zona 1-2, pero de novo se volverían a atopar con paradas en situacións claras que o Climanosa aproveitaba para subir rápido, chegando con forza e finalizando co lateral esquerdo polo espazo deixado polo extremo ao transformar.

Remataba levándose o Climanosa un emocionante e vibrante encontro de balonmán cun marcador de 29-33. Noraboa a ambos equipos polo esforzo realizado e por ter demostrado que se pode ser compañeiros e rivais, unha auténtica lección de competitividade e amizade!

Bm Culleredo Óptica Gallaecia: Mauro, Hugo, Pablo Hermida, Pablo Penelas, Jacobo, Anxo, Aarón, Mario, Nicolás, Fran, Carlos.

Bm Culleredo Climanosa: Iago, Xurxo, Antón, Yoel, Iván, Hugo, Jacobo, Roi, Beltrán, Guillermo, Samuel.

Árbitros: Xoán Bello e Iago Allegue, levaron adecuadamente o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 4ª xornada da Liga de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *