Saltar ao contido

O Sutenor imponse no derbi

Tocáballe ao Bm Culleredo Sutenor afrontar na mañá deste domingo o 1º derbi oficial contra as veciñas do Xiria, trala derrota no encontro de pretempada, chegaban as nosas a este derbi con ganas de cambialo resultado.

Chegaban as rapazas do Sutenor moi motivadas, con ganas de levarse os 2 puntos trala derrota e o empate das xornadas pasadas, pero sobre todo dispostas a melloralo rendemento defensivo que sería crave para a vitoria.

O encontro comezaba con imprecisións por ambos equipos ante a presión das defensas 3:3 prantexadas por ambos, con perdas de balón non forzadas e un montón de dúbidas nas xogadoras. Nestos primeiros minutos de tensión reinaba a igualdade ata que chegou no minuto 4 a primeira exclusión do encontro para as cullerdenses, que a pesares de estar en inferioridade estiveron a piques de roubar un balón e conseguiron frear as acometidas das visitantes.

Entrábamos agora nunha fase do encontro que sería a gran diferenza, facendo uns derradeiros 15 min da 1ª parte moi bos a nivel colectivo. Comezaban as nosas a xogar con maís distancia coas defensoras de Carballo, rompendo no desmarque no momento adecuado para recibir fixando á impar e continuando ben o balón para poder rematala acción polo lado esquerdo do noso ataque. Intentaban as rivais correxir a súa posición defensiva e xuntar un pouco máis as liñas para poder frear o xogo colectivo das nosas, pero o bo inicio no 2x2 do lado dereito permitíanos en numerosas ocasións ou gañala acción directamente ou continuar para que a nosa lateral esquerda puidese xogar sen balón ou ben por diante ou gañarlle a espalda á súa defensora e chegar a zonas efectivas de lanzamento. A esta notable melloría ofensiva habería que sumarlle o cambio na fase defensiva, con un Sutenor moito máis solidario e contundente, que non lle permitía ao Xiria chegar a zonas efectivas e obligándoas a finalizar en zonas máis propicias para a nosa porteira, que conseguía parar varios balóns e irnos ao descanso cun 12-8 que nos daba un colchón para a segunda parte.

Comezaba a 2ª parte moi ben para as nosas, nesa mesma dinámica da 1ª e conseguindo un 2-0 que aumentaba a nosa ventaxa á máis alta do encontro, 6 goles de diferenza. Neste momento chegaba un dos puntos de inflexión do encontro, unha primeira exclusión que nos lastraba e lles permitía recortar diferenza ás visitantes, pero chegaría unha segunda exclusión antes do remate da primeira, véndonos durante un momento nunha doble inferioridade que aproveitaban as de Carballo para poñerse a tan só 3 goles de diferenza.

A pesares desta situación, sabían repoñerse as nosas, que nos seguintes 10 min de encontro volvían a atopar esa solidez defensiva obrigando ao Xiria a finalizar dende a súa zona dereita, donde a súa extremo conseguía facernos dano con 3 bos lanzamentos. Na fase ofensiva seguían as nosas xogando de dereita a esquerda, atopando boas situacións ante a maior presión das rivais, que asumían máis riscos buscando acercarse no marcador para poder chegar ao final con posibilidades de levarse os 2 puntos.

Remataba o encontro cun parcial donde o cansancio e a precipitación lles permitía ás rivais acercarse algo no marcador, pero chegaríamos ao final cunha vitoria para as nosas miniguerreiras que amosaron ser un equipo a ter en conta.

Bm Culleredo Sutenor: 23 (12+11) Sara Fernández, Claudia, Sara Villar, Thais, Rosalía, Sofía, Helena, Eva, Noa, Alba, Lola, Sara Bello, Celia.

Nordata Xiria: 20 (8+12) Sara, África, Zahira, Mara, Natalia, Lucía, Aroa, Sara, Inés, Eva, Ana.

Árbitros: Pablo Torreiro e Paula Peteiro, moi acertados nas súas decisións.

Incidencias: Partido correspondente á43ª xornada da Liga Ouro infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *