Saltar ao contido

Nova vitoria nun encontro irregular para o Cristalería Gestal

Xogaban na mañá do sábado as rapazas do Bm Culleredo Cristalería Gestal en Almeiras, fronte ás viguesas do Seis do Nadal.

Afrontaban as nosas rapazas este encontro moi motivadas trala anterior vitoria en Redondela e véndose con capacidade para competir con calquera equipo. O comezo do partido era inmellorable, con unha presión na nosa defensa 3:3 que xeraba dudas contínuas ao ataque visitante e unha moi boa marcaxe da nosa central defensiva á pivote, que nos permitía roubar varios balóns ao comezo do encontro e subir rápidamente ao contraaque, levándonos un parcial de inicio de 6-0. Pedían as visitantes tempo morto nese intre, reanudando o xogo con unha mellor versión das viguesas, que máis decididas e seguras comezaban a xerarnos peligro sobre todo con situacións de 1x1 da súa moi forte lateral dereito, donde as nosas defensoras cometían pequenos erros de posicionamento que lles permitía chegar á portería e encaixar 3 goles neste segundo parcial. A estos problemas defensivos que estábamos a ter habería que sumarlle que na parcela ofensiva a pesares de que estábamos a xogar ben a partir do pase y va, errábamos claras situacións de lanzamento dende os 6m diante da porteira rival, comezando a ofuscarnos e a ter prisa, o que derivaba en perdas de balón.

Os contínuos erros no 1x1 coa lateral dereita rival obrigábanos a axudar moito máis nese lado, propiciando os lanzamentos da extremo dereita ou da pivote ante a continuidade da atacante. A tensión e nervios por conseguir parar a esta xogadora levábanos a precipitacións e a medir mal tanto nese 1x1 como nas axudas, chegando tarde en varias acción e sufrindo 2 exclusións de forma case contínua. Esta situación, sumada a unha tarxeta vermella a unha das nosas xogadoras, levábanos á fase final do 1º tempo en unha case contínua inferioridade, que a pesares da dificultade éramos capaz de solventar con eficacia, con un parcial favorable de 8-3 nos derradeiros 10 min.

No segundo periodo sería un partido moi trabado, con 4 exclusións para as nosas, que seguían a chegar tarde aos contactos e a contactar con xogadoras que xa se atopaban soas de cara a portería. A nosa defensa non estaba a funcionar, sufrindo agora máis ante as situacións de pase y va do equipo rival e os xiros da pivote, pero na faceta ofensiva era donde máis sufríamos, con moitas dudas ante a presión da 3:3 rival e abusando do bote, o que se traducía en incontables perdas de balón.

Partido frouxo das nosas rapazas, que comezaron moi serias, pero ás que en parte do encontro lle custou quitarse a presión de encima e xogar con claridade e colectivamente como si veñen facendo toda a presente tempada.

Bm Culleredo Cristalería Gestal: 27 (15+12) Sara, Cintia, Aitana, Inés, Martina, Sofía, Celia, Antía, Lola, Simona, Uxía, Yasmín.

Seis do Nadal-Coia: 16 (7+9) Emma, Lola, Alma, Emma, Aixa, Noa, Alma, Eva, Alicia, Leire, Uxía, Lucía.

Árbitros: Pablo Torreiro e Paula Peteiro, moi acertados nas súas decisións.

Incidencias: Partido correspondente á 4ª xornada da Liga Prata infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *