Saltar ao contido

O DESPREOCUPATE.ES NON CONSEGUE ROMPER A MALA RACHA.

Na pasada mañán do sábado, os xuvenís do Despreocúpate.es recibían na casa, esta vez en Tarrío, a todo un histórico do balonmán Galego, a SAR de Redondela, correspondendo á quinta xornada de liga prata.

Os cullerdenses saían ao 40x20 coa convicción de mellorar as sensacións de encontros pasados, onde a falta de concentración e de convicción, non lles permitíu acadar a victoria e obter eses dous ansiados puntos.

O partido comezaba de cara para os pontevedreses, que dominaron en todas as facetas do encontro así coma no electrónico, levando sempre a vantaxe. O culle falto de ideas en ataque e cunha tónica similar ao encontro anterior ante o Bm Tui, propiciaba numerosas perdas de balón por precipitacións e cuantiosos fallos de lanzamento de cara a porteria do rival. Iso e a falta de contudencia en defensa, provocaba que non foramos capaces de entrar de cheo no envite, e así, a remolque, chegamos ao final da primeira metade cun resultado de 13 a 18 a favor dos redondeláns.

Na segunda metade e cunha inxección de sangue e intensidade, o culle saía á cancha con outra actitude, e así e só así fumos quen de darlle a volta ao marcador, chegando a poñernos tan só a un tanto por embaixo no ecuador deste segundo tempo. Malia iso, os fallos de cara a portería rival seguían sendo visibles, e así desaproveitamos a oportunidade de poñernos por enriba. O rival non deixou de apretar ata o final e con moito máis acerto nos lanzamentos, levábase o partido por un claro 29-34.

Partido que nos fará pensar e mellorar para futuros encontros, nunha liga moi reñida e na que podemos competir a todos os equipos. Seguimos traballando!

FORZA CULLE!

BmCulleredo Despreocupate.es 29-34 SARBalonmán

BmCulleredo: Nico Arias, Diego del Río, Nico Díaz, Rubén Gantes (p), Xoel Insua, Adri López (p), Lucas López, Jairo Miguel, Anxo Negreira, Bruno Pardo, JuanFran Pazos, Antón Pérez, Mateo Pérez, Mario Sánchez, Álvari Siso, Matías Teixeiro, Iago Vázquez.

SAR: Miguel Vidal, Iago Carballo, Aarón Fdez, Pedro Ferreras, Guillermo Murillo, Adolfo Fdez, Román Lago, Lucas Vidal, Guilermo Lago, Iker Grandal, Breogán Faginas, Brais Faginas.

PARCIÁIS CADA 5':

5-4/ 5-8/ 7-15/ 11-15/ 13-18/ descanso/ 18-21/ 20-22/ 25-26/ 26-28/ 26-30/ 29-34/ final.

ARBITRAXE:

Iago Allegue e Xoan Bello. Sen problemas para esta nova parella arbitral que fixo unha gran actuación.

INCIDENCIAS:

Quinta xornada de liga prata xuvenil desputada no municipal de Tarrio ante un centear de siareiros cullerdenses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *