Saltar ao contido

O SWEEDPEND VENCE ANTE O BM CANGAS.

Viaxaba o Sweedpend Culleredo xuvenil a unha pista de Asobal para visitar ao equipo xuvenil do Balonman Cangas equipo de Asobal na xornada 5 da liga de Ouro .

Comezaba o encontro cun Sweedpend moi concentrado na fase defensiva e impoñia un ritmo onde o Cangas non era capaz de seguir. O sistema defensivo 6:0 proposto polo Sweedpend superou ao ataque do Morrazo con creces e xa no minuto 10 de partido o electrónico marcaba un 1-11.

Na fase ofensiva , o Sweedpend lograba boas situacións colectivas fronte ao sistema 6:0 do equipo local onde non daba coa tecra para parar o ataque cullerdense dirixido por Iván Sánchez.Os ataque longos e estructurados daban para ampliar a ventaxa do marcador , isto e as interceptacións na fase defensiva e por conseguinte os contrataques tanto de primeira oleada e de segunda poñian ao descanso un 8-18 no marcador .

Na segunda metade o equipo local propuxo unha defensa 5:1 para frear o ataque do Sweedpend , e isto si que foi capaz de crear certas imnprecisión no Sweedpend ou provocar lanzamentos en zonas pouco efectivas, isto sumouse aos fallos de lanzamnento en situacións claras de gol.

Co paso dos minutos o Sweedpend reconpúxose e comenzou a encontrar boas situacións na fase ofensiva. Tamén o Sweedpend propuxo unha defensa 5:1 na segunda fase da segunda metade. Isto provocaba moitas situacións de pasivo ao equipo local , e polo tanto lanzametos pouco efectivos onde Tanto Marco Gónzalez e Hugo Díaz estiveron acertados.

Bó partido do Sweedpend Culleredo xuvenil que suma outros dous puntos para situarse como segundo clasificado e non perde de vista ao primeiro clasificado .

RESULTADO FINAL BM CANGAS 20- BM CULLEREDO SWEEDPEND 32

BM CANGAS : Lucas Jimenez , Asier Pereira,Mauro Sotelo, Gael Pais, Eloy Pérez, Antonio Rodal,Adrián Iglesias, Adrián Chapela,Eloy Dominguez,Abraham Martinez, Darío Giraldez.

BM CULLEREDO SWEEDPEND: Marco Gónzalez, Hugo Díaz, Felix Noya, Alejo Martinez, Adrián Veira, Josemi Martinez, Davi Martinez, Daniel González, Samuel Seijas, Iván Sánchez, Aarón Blanco, Nicolás Casal , Atalo Bello, Marcos Lavandeira.

PARCIALES CADA 5`: 0-6/1-11/3-13/5-14/6-17/8-18/9-20/11-21/14-25/19-29/20-32.

ÁRBITROS: Abel Juncal , Catarina Adao.

INCIDENCIAS: Xornada 5 da liga de Ouro juvenil masculina disputado en O Gatañal , Cangas .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *