Saltar ao contido

EXTRAORDINARIO DERBI CULLERDENSE NA CATEGORÍA CADETE MASCULINA.

Espectacular derbi o vivido o sábado en Tarrío entre os dous conxuntos que compoñene a categoría cadete masculina no Balonmán Culleredo , o Galaico Caravaning e o Remax Riazor.

Un partido moi especial para moita xente ligada o clube, xogadores, amigos, nais, pais ,familiares un DEBI CULLERDENSE.

Dous formas de xogar dentro dun modelo de xogo é o que nos propoñian estes dous equipos , O Remax estructurado na fase defensiva cun sistema 6:0 e moi pausado na fase ofensiva , e no inicio do encontro o Galaico Caravaning tamén propoñia este sistema defensivo que co transcurso do encontro propoñia moi valentemente sistemas máis agresivos e abertos. O Galaico pola contra con moita velocidade nas transicións ofensivas.

Un inicio de encontro onde o Remax Riazor levou a batuta do encontro xa que o seu podería físico fronte o Galaico Caravaning era evidente . aínda así a velocidade e versatilidade do Galaico Caravaning poñia en problemas o ataque do Remax Riazor.

Co paso dos minutos o Remax Riazor lograba ampliar a ventaxa no electrónico pero o Galaico Caravaning non se quería quedar atrás pero atopábase cun Hugo García moi acertado na primeira metade.

No descanso 11-24 no marcador .

Na segunda metade o Galaico Caravaning propuxo ser máis agresivo e cunha defensa 5:1 empezou a provocar demasiados problemas a fase ofensiva do Remax que tropezaba coas trampas da defensa do equipo local . Un Galaico Caravaning que creiciase co paso dos minutos da segunda metade sobretodo a ese sobreesforzo na fase defensiva para sair moi rápido nas transicións e poñer nunha problemática defensiva ao Remax Riazor, que tiña moitos problemas co ataque local por mor das conexións co pivote. O Galaico se viu moi cómodo que con moitas gañas para poder acercarse moito máis no marcador pero o Remax pese a no estar acertado na fase defensiva conseguía manter a renda co ataques entren liñas ante a defensa moi aberta do Galaico Caravaning que no último treito propuxo unha defensa 3:3 moi avanzada onde tivo moito acerto de cara a fase defensiva.

Gran partido o vivido en Tarrío onde os dous equipos propuxeron un balonmán moi atractivo de cara a todo o público que asisitiu a ver este derbi tan especial para o noso clube.

Moita diversión, moitos nervos, moita competición pero sobre todo moita amizade ao rematar o encontro onde os dous equipo comportaronse tal como un derbi destas dimensiones.

Felicidades ao Galaico Caravaning e ao Remax Riazor pola demostración de balonmán vivida o sábado en Tarrío.

RESULTADO FINAL : BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING 29- BM CULLEREDO REMAX RIAZOR 41

FORZA CULLE.

BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING: Jorge Amor, Hugo Nodar, Adrián Aneiros, Jairo Candamio, Xoán Seoane, Victor Laya, Hugo Bermúdez, Mateo Negreira, Teo Gómez, Alexis Martinez, Alejandro Tajes, Pablo Ares, Hugo Bregua, Diego Rodriguez.

BM CULLEREDO REMAX RIAZOR : Hugo Díaz, Hugo García, Iago Bolaños, Jorgre Outón, Jaime Serrano , Teo López, Roi Fernández, Diego Piñeiro , Iago Allegue , Xoán Canedo , Xoán Bello, Fabián Manzo, Hugo Rodriguez.

PARCIALES CADA 5`MIN: 0-5/3-8/7-12/8-16/9-19/11-24/14-25/16-27/20-31/23-32/25-36/29-41

ÁRBITROS: Paula Peteiro, Iván Alfonso+

INCIDENCIAS: Xornada 4 do grupo C da liga prata na categoria cadete masculina , disputada no pavillón municipal de Tarrío (Culleredo)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *