Saltar ao contido

EMPATE NUN GRAN PARTIDO VIVIDO EN TARRIO

Nova xornada para o infantil masculino do Nosolomadera que enfrontábase a un rival duro como é o Atlético Bueu .

Un encontro onde predeterminou a igualdade en todo o encontro .Mentres que o equipo local propoñia unha defensa 3:3 aberta o equipo visitante pola contra estructurábase nunha defensa 6:0 .

Un partido onde o Nosolomadera levaba o ritmo do encontro semrpe con pequenas superioridades no marcador , grazas a un bó xogo colectivo na fase ofensiva , os lanzamentos dende zonas exteriores e penetracións gracias a movilidade de balón daban moita confianza ao Nosolomadera que via como o Bueu empataba continuamente o partido o estaba o pé do cañón . O Nosolomadera na fase defensiva conseguía forzar moitas situacións hacia zonas pouco efectivas pero que ainda asi o equipo visitante conseguía o éxito no ataque.

O final da primeira parte 18-17 para O Nosolomadera.

Na segunda metade na fase defensiva o Nosolomadera non conseguía dar de todo coa tecra que pese a logar certas ventaxas de 2-3 goles o Bueu conseguia empatar o encontro grazas a potencia de Pablo Arce o lateral dereito do Bueu.

Por parte do Nosolomadera Teo Gómez colleria a rendas da fase ofensiva e estaba a ser determinante no ataque cullerdense sobretodo de cara o lanzamento exterior.

Todo estaba inclinado para que o Nosolomadera levarase a victoria xa que afalta de 3 min a ventaxa era de 2-3 goles, pero a falta de 15 segundos e con un arriba o Noslomadera fallou un lanzanento determinante no que o Bueu cun tempo morto lograba empatar e con iso finalizar o encontro cun empate entre os dous equipos,

Gran esforzo dos nosos rapaces do Nosolomadera que teñen unha capacidade de solidaridade e generosidade tremenda cada vez que se xuntan para disputar un novo partido . Felicidades polo encontro xa que nestes encontros hay una gran aprendizaxe de cara o futuro .

Forza culle.

RESULTADO FINAL : BM CULLEREDO NOSOLOMADERA 35- ATLÉTICO BUEU 35.

BM CULLEREDO NOSOLOMADERA: Sebastián Ponte, Mateo Basanta, Iván Gantes, Martin Casal , Jacobo Soto,Alejandro Soto, Teo Gómez, Alexis Martinez, Antón Rodriguez, Mauro Fernández, Javier Orge, Aitor Fariña.

ATLÉTICO BUEU BALONMANO: Miguel Cadilla, Pablo Arce, Diego Otero, Alberto Fernández, Marco Soliño , Francisco Ríos, Roi Dávila , Dario Cerviño, Manuel Vázquez.

ÁRBITROS: Daniel Gónzalez, Jorge Sánchez.

INCIDENCIAS: Xornada 4 da liga de ouro infantil masculina , disputado no pavillón municipal de Tarrío ( Culleredo )

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *