Saltar ao contido

O BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR DA UN GOLPE DE AUTORIDADE NA LIGA DE OURO

Non puido ser mellor o estreo dos dous primeiros puntos do equipo do Culleredo, na casa e fronte un rival directo.

O Fisioterapia Benestar, sobrepusoxe as derrotas dos últimos fins de semana e recupera a senda da victoria.

As cullerdenses superaron ó Bueu, tras un bo partido liderado polas da casa de principio a fin.

O equipo cadete femenino do Culleredo, rompeu a súa mala racha mostrando o seu carácter no Pavillón Municipal de Tarrío. Desta forma , as de Lucía Vilariño, finalizaron cun sabor doce despois de superar un Bueu tras un gran partido minuto a minuto.

O Culleredo buscaba cerrar a cuarta xornada cunha victoria e o duelo arrincou cun gol temprano (nos últimos encontros, estreaban o marcador entre os minutos 4-7).

O arranque pillou por sorpresa ó Bueu e encendeu as alarmas usando dous dos tres tempos mortos na primeira parte.

Nun inicio intenso e con ataques de ida e volta, o conxunto cullerdense mostrouse máis solvente cas bueuesas e conseguiron unha ampla ventaxa de 4-1 que foi maior no transcurso do encontro.

No tramo final, o Bueu apretou cunha defensa individual a todalas xogadoras para tratar de acurtar a ventaxa que tiña o Culleredo, pero as de casa non ían tirar pola borda o traballo feito durante todo o encontro.

O paso polos vestuarios no descando, fixo un efecto máis consolidado se cabe, sobre as cullerdenses ,que sairon con outro tono o parquet.

Aumentaron o nivel defensivo e tamén ofensivo, liderados por contras co resultado desexado.

O Bueu non se puxo nin unha vez por diante nos 60min.

Houbo un plantexamento distinto por parte do equipo local, tanto ofensivo coma defensivo ós dos últimos partidos e polo que se veu, fixo efecto.

Encontro por parte das de casa con boas axudas defensivas que de vez en cando desequilibrábanse e aproveitabase o equipo visitante.

Tamén houbo ocasións para os faios nos pases que se convertían en contragoles imposibles de interceptar.

A pesar co Bueu mantiña unha defensa intensa (ata 6 exclusións) o Culleredo repoñiase en cada contratempo.

Gran encontro para motivalas xogadoras de cara a futuros partidos nesta Liga de Ouro.

Haberá un parón ligueiro a próxima fin de semana, polas concentracións das seleccións galegas antes de viaxar a terras redondelanas. Tempo que será aproveitado polas cullerdenses para preparar ben o encontro.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 35 (19+16): Carla Muiño Cancela, Lucia Inés Cortegoso Rey, Aroa García Pena, Aldara Piñeiro Calvete, Paula Peteiro Vázquez, Lúa Fernández Núñez, Luana Gómez Fuentes, Antia Ferreño Fernández, Valentina Martínez Fiuza, Carmela Erias Vázquez, Irene Rodríguez Fernández, Nadia Martínez García, Noelia López Andreica, Sara Fraga Fraga

PADTHAIWOK BUEU ATLETICO BALONMAN 28 (13+15): Uxia Gil Calviño, Uxia Torres Docampo, Mariña Torres Docampo, Leire Camiña Nuñez, Aixa Otero Martínez, Inés Bastón Brion, Ainhoa Blanco Sánchez, Candela Castro Recaman, Raquel Blanco Sánchez, Uxia Soliño Ferreira, Julia Cruz Sayans, Carlota De La Torre Santos, Leire Fernández Regueira

Parciais cada 5 min: 4-1/7-2/10-4/14-6/17-7/19-13 descanso 22-17/27-19/29-21/32-24/33-27/35-28 final

Colexiados: Daniel González Iglesias e Jorge Sánchez Abuin, excluiron dous minutos a Inés Bastón, Uxia Torres, Leire Fernández, Mariña Torres polo equipo visitante, dous minutos tamén a Sara Fraga polo equipo local e catro a Uxia Gil polo equipo visitante

Incidencias: Partido pertencente a 4ª xornada da Liga de Ouro no Pavillón Municipal de Tarrío, cunha gran entrada de asistencia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *