Saltar ao contido

O SWEEPEND CULLEREDO SUPERA TODAS AS ADVERSIDADES E A PUNTO ESTÁ DE IMPOÑERSE A UN DOS COCOS

O pasado sábado, o Sweepend Culleredo viaxaba a Gran Canaria para enfrontarse ao Balonmano Ingenio, un dos cocos da categoría. Afrontaban polo tanto os cullerdenses, o seu segundo partido na illa, nesta ocasión, con máis urxencias que na anterior confrontación ante o Galdar.

Comezaba a xornada con malas noticias e e é que á baixa por motivos laborais de Marcos Vázquez, sumábase a de Carlos Martín Guisasola a última hora por un golpe nun xeonllo. O equipo desprazábase polo tanto con tan só 12 xogadores, o mínimo permitido nunha convocatoria e só contaría cun pivote para o transcendental envite. Como as desgrazas non veñen soas, antes do termo da primeira parte, o lateral esquerdo Pedro Pereira, sufría unha rotura no segundo metacarpiano da súa man esquerda e os de Culleredo víanse avocados a remar contracorriente por un motivo máis. Con todo, o Sweepend Culleredo, nun exercicio de resiliencia descomunal, rompería todas as expectativas e sobrepoñeríase a todas estas circunstancias e ao madrugón para dominar e merecer ante o poderoso conxunto canario, a vitoria final.
Tras un inicio de tenteo e errático por parte de ambos os equipos, os locais conseguirían adiantarse no electrónico e así completarían un primeiro acto no que os de Culleredo aguantarían unha diferenza que oscilaba entre os tres e catro goles para deixar abertas todas as posibilidades de triunfo cara á continuación (17-14 ao descanso).
Foi na segundo parte cando o Sweepend Culleredo realizaría o seu gran exercicio de orgullo e amor propio, superando ao seu rival en conceptos balonmanísticos e de convicción. No minuto corenta, o conxunto cullerdense xa conseguira a igualada (21-21) e cinco minutos despois, dominaba por tres de diferenza (23-26) despois dun parcial de 6-13. A posibilidade de triunfo comezaba a ser real, especialmente no momento en que o Sweepend, con dous xogadores menos, conseguía un parcial de 1-1. Os últimos quince minutos foron de verdadeiro infarto, onde os locais, con escasas ideas no xogo, apelaban a accións individuais para volver igualar a contenda (27-27) e os de Culleredo desperdiciaban algúns lanzamentos francos nos 6m para finiquitar o envite. Foi, nestes últimos instantes, cando Tomás Bañera botaríase o seu equipo ás costas para resolver a contenda a favor dos locais e aumentar a diferenza dun a dous goles no último segundo, cando os cullerdenses presionaban por toda a pista en busca de sacar algo positivo á súa gran actuación.
En definitiva, gran encontro do Sweepend Culleredo e enorme lección de superación e decoro ante un dos favoritos neste grupo A en a primeira nacional.

Balonmano Ingenio: 34 (17+17). José Grigore Duca, Francisco David Sánchez (4), Edgar Jesús Socorro (3), Armando Santana (4), Omar Jesús Perdomo (2), Carlos José Sánchez, Pablo Hernández, Bentor Deniz Torres (2), Cristobal Nicolás Moreno (1), Javier Sánchez (1), Tomás Bañeras (11), Iván Manuel Sánchez (2), Xander Goez, Bentejui Peña (4).

Sweepend Culleredo : 32 (13+19). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Aresi (4), Martín Insua (5), Carlos Costa, Mario Crecente (10), Pedro Pereira (1), Daniel Salvador (5), Adrián Díaz, Iago Ferreiro (2), Nuno Loxo (3), Senén Garea (2).

Parciais cada 5´: 3-1 / 5-3 / 8-5 / 11-7 / 14-9 / 17-13 / Descanso / 20-18 / 21-21 / 23-26 / 27-27 / 29-28 / 34-32 / Final.

Colexiados: Carlos Vera e Alberto Vera.

Incidencias: Partido correspondente a novena xornada no grupo A da 1ª nacional en categoría senior masculina. Encontro disputado nun municipal Pedro Padilla de Ingenio con un centenar de siareiros nas bancadas.

Fotos do encontro:

https://photos.app.goo.gl/H2kguMBhPv4JGYba8

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *