Saltar ao contido

Previa da xornada

Afrontan esta fin de semana os equipos cullerdenses unha xornada moi ilusionante e esixente, con derbis entre os nosos equipos de Liga Prata masculina tanto en categoría cadete como en infantil. Haberá tamén partidos moi igualados que garanten espectáculo para os/as afeccionados/as e partidos dos/as máis pequenos/as que seguen a crecer como xogadores/as cada fin de semana.

(IF) BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL VS SEIS DO NADAL-COIA

O Cristalería Gestal afrontará este domingo ás 13:00 horas un difícil compromiso fronte ás viguesas do Seis do Nadal. Veñen as nosas rapazas moi motivadas trala vitoria da semana pasada, afrontando este encontro nun moi bo momento, no que están a crecer sobre todo a nivel defensivo, donde estará a clave do encontro.

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS NORDATA XIRIA

Ven o Sutenor de afrontar 2 partidos moi difíciles en sendos desprazamentos, pero chega coas ideas moi claras e moi motivadas de cara a esta fin de semana. Toca medirse a un duro equipo como son as veciñas de Carballo, que sempre son un equipo loitador e forte como xa vimos na pretempada. A mellora defensiva e a claridade á hora de xogar sen balón en ataque son craves para que este Sutenor poida loitar por esos 2 puntos.

(IM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

Derbi cullerdense cos dous equipos infantís da categoría de prata, un partido moi especial para os nenos desta categoría e para o clube. Un espectáculo para todo o clube poder disfrutar de partidos únicos coma este. Os dous equipos buscarán dar o máximo de si mesmos para poder demostrar todo o traballado nesta semana e tamén porán moita actitude e ilusión por levarse a vitoria.

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS SUPERMERCADOS COMAR BUEU ATLÉTICO BALONMÁN

Os nosos infantís do Nosolomadera rencontranse coa sua afición en Tarrío despois de dous desprazamentos seguidos a dúas pistas moi compricadas.

Nesta ocasión vistia a Culleredo o Atlético Bueu que ven de gañar a un dos favoritos a pasada xornada. Mentres os nosos buscarán a vitoria e seguir o camiño marcado. Pese ás últimas derrotas a actitude e a competitividade deste equipo nunca faltou así que despois dunha semana moi dura de traballo o Nosolomadera sairá esta fin de semana a por todas para lograr que os dous puntos permanezan en Tarrío.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS PADTHAIWOK BUEU ATLÉTICO BALONMÁN

Parece que a Liga de Ouro é complexa. Pero o Bm Culleredo Fisioterapia Benestar non tira a toalla.

Esta fin de semana, unha nova oportunidade para obter dous puntos na casa e co seu público empurrando.

O encontro terá lugar o sábado 11, ás 18:00 no Pavillón Municipal de Tarrio fronte ó Bueu.

(CM) BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Esta fin de semana, haberá unha gran festa do balonmán no municipal de Tarrío e é que os dous conxuntos cadetes do BM.Culleredo que militan en Liga Prata, enfróntanse na que será a cuarta xornada. Os dous equipos chegan nun bo momento, o Remax como líder invicto e o Galaico Caravaning como cuarto clasificado, cedendo tan só dous puntos nas tres primeiras xornadas. O encontro disputarase ás 20:00h na que a recado será unha gran festa do balonmán cullerdense por encima do resultado final.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS SAR NÓS ATÚN

Este sábado a 1, os xuvenís de prata tentarán de novo conseguir a victoria ante un histórico el balonmano galego. Logo da derrota da pasada finde, os nosos teñen sede de Victoria e de seguro competirán con todo para conseguila.

(XM) BUENAS MIGAS LUCEROS VS BM CULLEREDO SWEEPEND

O BM.Cullereo Sweepend, desexa continuar na liña positiva que lle levou a esa segunda praza da clasificación na liga Ouro xuvenil e para iso deberá de impoñerse na sempre difícil pista de O Gatañal, en Cangas Do Morrazo. O encontro, que se disputará ás 11:15h do próximo Domingo, representará unha complexidade alta para os cullerdenses, que deberán de realizar un partido moi serio e cunhas prestacións  moi altas ,especialmente en tarefas defensivas.

(SM) BALONMANO INGENIO VS SWEEPEND CULLEREDO

O Sweepend Culleredo realizará este Sábado a segunda viaxe da tempada a Gran Canaria para enfrontarse ao Balonmano Ingenio. Despois de que o partido da pasada semana fose aprazado, debido a que o conxunto tinerfeño do BM.Tejina non puidese viaxar con motivo do mal tempo, os cullerdenses enfrontaranse este Sábado ás 18:00h a un dos grandes equipos da categoría. Será por tanto un partido con dificultade alta para os de Culleredo que parten coa urxencia de sacar algo positivo. A viaxe realizarano tan só trece xogadores, xa que Marcos Vázquez non se poderá desprazar debido ao inicio dun curso esta mesma fin de semana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *