Saltar ao contido

AMARGA DERROTA PARA O XUVENIL DESPREOCUPATE.ES.

Os xuvenís Despreocupate.es recibían este domingo no pavillón de Almeiras ao Bm Tui, na cuarta xornada de liga prata.

Os cullerdenses viñan de gañar en Abegondo na pasada xornada, cunhas sensacións moi boas, polo que o obxectivo neste encontro, sería manter e millorar esa intensidade e concentración que nos permitíu gañar.

Saían ao 40x20 moi metidos ante un rival que e favorito para estar nos tres primeiros postos da táboa, polo que o desafío custaría sangue e suor. Nuns primeiros 15 minutos de igualdade e facendo un bo papel defensivo o culle sentíase cómodo e con opcións. Malia iso, a concentración foi a menos, e nuns momentos de imprecións e falta de ideas, o rival conseguiría un parcial de 3-0 que nos faría ter que remar máis do esperado.

Na segunda metade, parece que o culle non acababa de despertar e os de Tui non ían desaproveitar as oportunidades que lles estaban a poñer na man, polo que chegamos a encaixar unha diferenza de 7 goles. Un tempo morto dos locáis, e un cambio na defensa, farían que o culle puidese recuperar varios balóns para poder meternos de novo no partido. Cunha gran actitude e cos últimos folgos, se conseguiría reducir a diferenza ata ter balón para empatar, pero a falta de 2 minutos para rematar o encontro e poder revertir a situación del todo, un fallo de lanzamento e unha perda de balón, condenaría ao culle a ceder os dous puntos e quedarse coa mel nos labios.

Seguimos traballando rapaces, xuntos! Noraboa polo esforzo.

BmCulleredo Despreocupate.es 32-34 CBm Tui

BmCulleredo: Nico Arias, Diego del Río, Nico Díaz, Rubén Gantes, Xoel Insua, Adri López (p), Lucas López, Jairo Míguez, Anxo Negreira, Bruno Pardo, JuanFran Pazos, Antón Pérez, Mateo Pérez, Mario Sánchez, Álvaro Siso, Matías Teixeiro, Iago Vázquez.

CBm Tui: Antón Paz, Iago Cal, Samuel Vaz, Lois Rodríguez, Alex Lage, Rubén Gómez, Fabio Mazzurco, Cristián Framil, Sergio Rodríguez, Darío Vila, Antón Piñeiro.

ARBITRAXE:

Nicolás Vázquez, Uxía Mariño.

PARCIÁIS:

4-2/ 8-8/ 10-12/ 11-15/ 13-17/ 15-19/ descanso/ 16-21/ 18-26/ 21-28/ 23-29/ 28-31/ 32-34/ final.

INCIDENCIAS:

Cuarta xornada de liga prata desputada no municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *