Saltar ao contido

Dous puntos e boas sensacións para o CM RemaxRiazor.

Na xornada deste finde, os cadetes RemaxRiazor recibían aos veciños de Mesoiro, o Línea21 no municipal de Almeiras. Os cullerdenses viñan de acadar sendas victorias nos encontros anteriores, polo que afrontaban este encontro coa intención de seguir nesa liña positiva e seguir mellorando no seu xogo.

Nos inicios do envite, os cullerdenses non eran quen de acadar unha liña de xogo clara para poder superar ao rival, os erros ofensivos e a falta de ideas, amosarían certa igualdade no 40x21 entre ambos bandos ata o minuto dez desta primeira parte. Un tempo morto local axustaría eses erros e faría que os de Culleredo, saísen de novo a cancha para amosar unha millor cara.

O culle non tivo máis que apretar dentes en defensa, ser contundentes meter maior intensidade de pernas, e así conseguirían irse afastando no electrónico, chegando ao minuto trinta cunha vantaxe de oito goles.

Na reanudación, o Culle sairía máis motivado e concentrado, e facendo gala dunha defensa case inquebrantable, recuperarían moitos balóns que acabarían dentro da portería rival. Tan só cinco tantos encaixados nesta segunda metade.

Deberes feitos para os nosos cadetes que seguen a medrar xornada a xornada. Seguimos traballando!

ForzaCulle!!!!!

BmCulleredo RemaxRiazor 45-15 Línea21

BmCulleredo: Hugo Díaz (p), Hugo García (p), Jorge Outón, Iago Allegue, Fabián Manzo, Teo Lopez, Jaime Serrano, Hugo Rodríguez, Xoan Canedo, Diego Piñeiro, Roi Fernández, Xoan Bello.

BmLínea21: Adrián Veiga, Diego Franqueira, Victor Pérez, Mateo Couce, Miguel Montesinos, Hugo Bello, Brais Garrido, Miguel Álvarez, Daniel Domínguez, Daniel Lois, Isaac García, Miguel Rial, Uxío García.

PARCIÁIS:

3-2/ 5-3/ 8-4/ 11-6/ 16-7/ 18-10/ descanso/ 23-12/ 29-14/ 34-14/ 38-14/ 40-14/ 45-15/ final.

ARBITRAXE:

Uxía Mariño, Nico Vázquez.

INCIDENCIAS:

Xornada de liga prata desputada no municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *