Saltar ao contido

O Sutenor rescata un empate de Redondela

Tocáballes ás nosas infantís afrontar un difícil desprazamento a Redondela, rival ao que xa nos tiñamos enfrentado na fase de clasificación a principios de tempada. Teñen as locais un bo equipo que ten as ideas moi claras e que loitan ata o final, equipo que sabíamos dende un principio que nos ía a dar numerosos problemas.

Comezaban as nosas o encontro con moita enerxía, pero con erros defensivos que non acostuman a cometer e que nos salían caros nos primeiros minutos, concedendo goles que non nos podemos permitir. Habería que sumarlle a isto un ataque caótico, sen orde nin disciplina, véndonos rápidamente por debaixo no marcador. Tocaba entón aclarar as ideas e correxir erros, buscando moita máis solidaridade e axudas defensivas. Cambiaba un pouco o encontro, con un Sutenor máis sólido a nivel defensivo, pero a fortuna nos balóns rexeitados favorecía ás locais que obtiñan en varias ocasións unha “segunda oportunidade”. En ataque estaban as nosas máis eficaces, xogando por momento unha moi boa situación de 2x2 aberto, pero a pesares disto as locais sempre conseguían dificultarnos e incomodarnos. Chegaba o partido ao descanso moi igualado, con tan só 1 gol de diferenza.

Na segunda parte reinaría de novo a igualdade, pero con 2 equipos moi tensos e errados nas tomas de decisión, perdendo ambos conxuntos moitos balóns e transformando o encontro nun partido de ida e volta durante uns minutos.

Parecía que o partido iba caendo do lado local, algo máis acertadas e acadando rentas de ata 3 goles, pero unha boa reacción das nosas xogadoras devolvía esa tensión ao encontro, atopando de novo o camiño cara os 2 puntos. Sen embargo, 2 exclusións para as Cullerdenses nos derradeiros 6 min de xogo e un penalti parado pola súa porteira soamente nos permitían chegar ao empate. Esta situación puido cambiar nun último ataque no que tivemos un lanzamento exterior a falta de 2 segundos que acertaba a parar a porteira local e deixalo encontro en táboas.

Partido de menos a máis a nivel defensivo das nosas xogadoras, que van aprendendo a xestionar toda esa tensión que se acumula nestos encontros tan igualados e 1 punto que se traen de volta a Culleredo.

SAR Rodavigo: 24 (11+13) Karla, Enma, Loaira, Noa, Aloia, Zoe, Daniela, Aitana, Emma, Ainhoa, Carlota, Daniela, Alma.

Bm Culleredo Sutenor: 24 (12+12) Sara Fernández, Claudia, Sara Villar, Thais, Rosalía, Sofía, Helena, Eva, María, Noa, Alba, Cintia, Aitana, Lola, Sara Bello, Celia.

Árbitra: Andrea Martínez, correcta durante todo o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 3ª xornada da Liga Ouro infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *