Saltar ao contido

O Cristalería Gestal segue crecendo

Terceira xornada da Liga Prata infantil feminina, na que as rapazas do Bm Culleredo Cristalería Gestal se desprazaban a Redondela para afrontar un encontro no que a nosa defensa marcaba a diferenza. Un inicio defensivo regular mantiña nos 10 primeiros minutos o encontro moi igualado, con erros individuais das nosas e con tímidas axudas que lles permitían ás locais chegar á portería con claridade. Unha vez corrixidos esos erros conseguiríamos despegarnos xa no marcador, con múltiples desposesións ante o bote das rivais e roubos de balón que nos permitían subir rápidamente ao contraataque. No ataque estático conseguimos mellorar o feito ata agora, con un bo xogo colectivo partindo dos apoios coas pivotes e o xogo sen balón. Chegábamos con isto 7 goles arriba ao descanso.

Tocáballe no segundo tempo arriscar algo máis ás rivais no encontro para tentar acercarse no marcador e subían a liña defensiva, feito que favoreceu ao noso xogo ofensivo, atopando máis espazos para o xogo sen balón da nosa 1ª liña e conseguindo ou ben conectar coa extremo que transformaba ou penetrando polo espazo xerado por dita transformación.

Moi bo encontro das nosas rapazas do Cristalería Gestal, que seguen a crecer e de seguro que darán moita guerra esta tempada na categoría de Prata.

Bm Culleredo Cristalería Gestal: 30 (16+14) Sara, Cintia, Aitana, Inés, Martina, Sofía, Celia, Antía, Lola, Simona.

Sar Bluenewables: 18 (9+9) Paula, Antía, Aitana, Martina, Helena, Daniela, Clara, Carmen, Alexia, Paula, Antía, Sabela.

Árbitro: Andrea Martínez, correcta durante todo o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 3ª xornada da Liga Prata infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *