Saltar ao contido

Unha mala segunda parte deixa sen a vitoria ao Climanosa

Xogaban no festivo esta 3ª xornada de Liga Prata os nosos rapaces do Bm Culleredo Climanosa fronte ao Línea 21, un encontro que se prevía moi difícil.

Comezaba o encontro cun Climanosa moi sólido a nivel defensivo, con unha gran solidaridade nas axudas e moi fortes no 1x1 ante rivais moi fortes. O bo posicionamento defensivo dos nosos permitíanos roubar e interceptar cuantiosos balóns, freando as acometidas rivais. A pesares do bo traballo defensivo dos nosos, resultaba difícil defender a xogadores tan fortes e rápidos. Tras uns primeiros minutos de desconexión no plano ofensivo, con xogadores moi estáticos e con erros de lanzamento froito da precipitación, cambiaba a dinámica a partires do minuto 10 deste 1º tempo. Conseguían os nosos rapaces atopalo camiño ao gol, con un bo xogo sen balón e dando continuidade á bola para chegar a finalizar dende os 6m en accións claras. O gran traballo deste 1º tempo permitíanos chegar ao descanso 7 goles arriba, con únicamente 10 goles encaixados, algo máis que destacable.

A segunda parte sería completamente diferente, comezaban os nosos máis frouxos en defensa, con numerosos erros individuais que lastraban o traballo colectivo. Ao verse apretados, cos visitantes a tan só 3 goles, comezaron os nosos a sentirse nunha situación incómoda e multiplicáronse os erros colectivos. Xa a falta de 5 min e estando 3 goles abaixo conseguirían os nosos reaccionar, pero era xa moi tarde e non se puido certificala vitoria que parecía tan próxima ao descanso.

Partido para aprender dos nosos, que saen deste encontro máis curtidos de cara a próximos encontros e máis preparados para afrontar este tipo de situacións.

Bm Culleredo Climanosa: 32 (17+15) Iago, Xurxo, Hugo Jiménez, Nicolás, Antón, Jacobo, Samuel, Roi, Hugo Fariña, Guillermo.

Bm Línea 21 Academia Pluralia: 34 (10+24) Gabriel, Thiago, Artai, Aitor, Sara, Román, Erik, Pablo, Daniel, Manuel, Yago, Xurxo, Malick.

Árbitros: Martina e Daniel, levaron adecuadamente o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 3ª xornada da Liga de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *