Saltar ao contido

O NOSOLOMADERA CEDE ANTE O LIDER DA LIGA OURO

A pista do Gatañal seria o escenario nesta xornada para o Nosolomadera que visitaba a pista do filial do equipo de Asobal o Cangas, un equipo que está lider neste principio da competición ligueira.

O Nosolomadera que venia de xogar na pista do Lalín e pese a derrota viña con boas sensacións, e asi o demostraron sobretodo nos primeiros 15 minutos de xogo onde o Nosolomadera dominou o xogo do encontro sobretodo na fase defensiva onde foi capaz de controlar o ataque do Cangas , grazas a un gran esforzo colectivo na fase defensiva. Isto creaba seguridade en ataque onde os nosos aproveitaban certas situacións dende os extremos para poder manter unha diferencia de 2-3 goles.

Co paso dos minutos o Cangas foi activandose sobretodo a nivel ofensivo onde empezou a crear daño co lanzamento exterior ao Nosolomadera q veia que o Cangas acortaba a distancia e xa a falta de 5 minutos de finalizar a primeira parte conseguía darlle a volta ao electrónico. O Nosolomdera empezou a encontrar dúbidas a nivel ofensivo e non encontraba a tecra para parar o ataque local nos últimos instantes da primeira parte.

18-16 no marcador no descanso do encontro.

Na segunda metade o Nosolomadera saiu moi desconcetrado a nivel defensivo e iso marcou unha tendencia nesta metade. O Cangas no inicio marcou a diferencia e o equipo cullerdense non puido seguir ese ritmo . Despois de intentar axustar o nivel defensivo o Nosolomdera non econtraba a solución para parar o ataque cangúes , a nivel ofensivo aínda con imprecisión e situacións de inseguridade o equipo estaba a xogar con moi boas intencións tácticas ofensivas pero isto non era suficiente xa que na fase defensiva o Nosolomdera seguía sin poder ser contundente e agresivo para para o ataque cangués que aproveitaba a superioridade de forza e tamaño para superar a defensa culleredense.

A falta de 8 minutos en con 6 goles abaixo o Nosolomadera baixou demasiado o brazos e sufriu un gran parcial nos ultimos minutos onde recibiu un casitgo demasiado duro para o encontro que fixo . Pero isto e un aprendizaxe para todos e ahora toca seguir traballando para poder mellorar certas situacións para minimizar certas acción erraticas.

Ainda así o esforzo e a actitide non e reprochable xa que hai situación moi positivas e aproveitables.

RESULTADO FINAL: BM CANGAS DISALMO 47- BM CULLEREDO 34

Forza Culle.

BM CANGAS DISALMO: Marcos Cordeiro,Adrián Mallo,Simón Hernández, Xabier Gallego, Jorge Varela, Luis Lagoa, Xoel González, Telmo Mille, Iván Freire, Mateo Rosales, Iker Rial.

BM CULLEREDO NOSOLOMADERA: Sebastián Ponte, Mateo Basanta, Ivan Gantes, Javier Orge, Antón Rodriguez, Martin Casal, Teo Gómez, Alexis Martinez, Mauro Fernández, Aitor Fariña, Isaac Lorenzo, Alejandro Soto,Jacobo Soto.

ÁRBITRO: JUAN LAMPÓN SANTOS.

INCIDENCIAS: Xornada 3 da liga de Ouro infantil masculina disputada no polideportivo de O Gatañal en Cangas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *