Saltar ao contido

UN BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR SEN IDEAS, CAE DE FORMA CONTUNDENTE CONTRA O SAR RODAVIGO

Podía ser un sábado de moita ledicia para a sección feminina do Bm Culleredo ,xa que tres dos seus equipos, viaxaban xuntos a disputala súa xornada balonmanística a terras redondelas.

As cullerdenses enfrontábanse a un dos favoritos da Liga na loita polos primeiros postos da competición.

Ámbolos dous equipos con defensas 6:0 arriscando o mínimo para búscalo faio en lanzamentos exteriores ou para provocar a sanción dos 7m, destacaban a primeira parte. Pero o pensado era o que non saía. O Sar cun ataque máis pausado na primeira parte , atopaba ocos con simples accións de 1x1 , rompendo a defensa do Culleredo descentrada e mal vasculada.

Partido caótico polos dous bandos, con moita falta defensiva. Asi pois, notouse esta actitude en ataque, deixando moito que desexar, con moitas perdas de balóns en tiros a portería sen resultado. A pesar disto, houbo momentos nos que grazas a algunhas melloras, as cadetes do Culleredo acercáronse no marcador deixando unha diferenza de tres en parciais da primeira parte, máis o desenvolvemento non foi positivo.

Unha segunda parte onde o desexo de remátalo encontro era máis presente que loitar por reducir a diferenza no marcador. Moi costa arriba para o Culleredo que veuse falto de ideas en ataque e desubicado na pista de xogo.

Ata o momento, este é o encontro onde a diferenza de goles foi a maior acadada por un rival contra as cullerdenses desta tempada.

Toca aprender e resetear ó equipo, para co fin de semana fronte o Bueu vexamos un equipo capaz de sair adiante no seus peores momentos.

SAR RODAVIGO 43 (20+23): Helena Gonzalez Rodriguez, Candela Martinez Rodriguez, Carlota Mo Otero, Iria Fernandez Santoro, Uxia Crespo Novoa, Cayetana Barros Gonzalez, Noa Portela Ricon, Carlota Camino Perez, Carlota Vieiro Perez Otero, Paula Correa Perez, Naroa Vilas Reyes , Silvia Varela Arenas, Leire Gonzalez Ricon

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 31 (15+16): Carla Muiño Cancela , Lucia Ines Cortegoso Rey, Aroa Garcia Pena , Aldara Piñeiro Calvete, Paula Peteiro Vazquez , Lua Fernandez Nuñez, Luana Gomez Fuentes, Antia Ferreño Fernandez, Valentina Martinez Fiuza , Carmela Erias Vazquez, Irene Rodriguez Fernandez , Nadia Martinez Garcia, Noelia Lopez Andreica

Parciais cada 5 min: 2-0/6-3/11-8/16-9/17-12/20-15 descanso 22-17/25-18/30-22/35-25/38-28/43-31 final

Colexiados: Andrea Martinez Garcia, excluiron a Paula Peteiro e Lúa Fernández dous minutos polo equipo visitante e a Noa Portela polo equipo local

Incidencias: Partido pertence a 3ª xornada da Liga de Ouro no Pavillón Municipal la Bombonera en Redondela, cunhas 80 persoas de asistencia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *