Saltar ao contido

O ÓPTICA GALLAECIA CEDE ANTE UN RIVAL SUPERIOR

O conxunto infantil BM.Culleredo Óptica Gallecia, non tivo opción algunha ante os veciños do Reprint Arteixo BM, un conxunto que actualmente está nun nivel superior e que seguramente puidese pelexar por entrar en Liga Ouro. As diferenzas físicas principalmente, xogan nestes momentos moi a favor dos de Arteixo, non só en cuestións antropométricas, senón tamén nas principais capacidades físicas básicas como son a forza e a velocidade. Así pois, o Óptica Gallaecia saíu ao terreo de xogo do pavillón de Galán co obxectivo de centrarse no seu traballo e evolución, a propósito da distancia que separan a ambos os equipos a día de hoxe. Os cullerdenses, non eran capaces de frear os 1x1 da primeira liña rival, especialmente do lateral esquerdo Mateo, que superaba facilmente ao seu par debido a esa diferenza antropométrica e de peso. No posicional, o xogo facíase máis complicado debido á falta de desmarques sen balón para gañar as costas da primeira liña defensiva local. Esto facilitaba o labor da retagarda, que levaba vantaxe nas situacións de 1x1 debido á súa maior talla e peso corporal. Os xogadores de Culleredo frustrábanse ante a persistencia das accións sen éxito, chocando unha e outra vez cun muro humano que se levantaba ante o porteiro rival.
No segundo acto, o Óptica Gallaecia sumaría algunha que outra acción colectiva de éxito, todas elas conseguidas cando aparecía un movemento sen balón dalgún xogador.
Os xogadores cullerdenses deben de ser conscientes de que agora mesmo este enfrontamento non representa a súa liga e deben de continuar traballando no día a día a mellora nas distintas fases do xogo e a adquisición de novos conceptos TEC-TAC. A evolución física tamén irá mellorando co crecemento, a madurez e o traballo físico.

XOGARON POLO ÓPTICA GALLAECIA:

Hugo Nodar (P), Francisco Hermo (P), Carlos Negreira, Pablo Hermida, Pablo Fraguela, Pablo Penelas, Jacobo García, Anxo Blanco, Aarón Beade, Mario Prada, Iván Bregua.

Colexiados: O cullerdense José Miguel Martínez e Noelia Mata.

Incidencias: Encontro da xornada Nº3 do grupo C na liga prata de categoría Infantil Masculina que se disputou no pavillón de Galán, en Arteixo. Boa afluencia de público nas bancadas con familiares dos rapaces de ambos conxuntos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *