Saltar ao contido

Previa da xornada

Xornada con partidos moi importantes para as aspiracións dos nosos equipos, con desprazamentos compricados nas categorías infantil e cadete e co equipo senior buscando a primeira vitoria da tempada.

(IF) SAR BLUENEWABLES VS BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL

Partido compricado para as noas rapazas de prata, que buscan volver á senda da vitoria trala xornada anterior. O traballo defensivo será crave para poder competir e levalo encontro a donde nos interesa.

(IF) SAR RODAVIGO VS BM CULLEREDO SUTENOR

As nosas infantís buscarán reecontrarse coa vitoria despois da derrota sufrida ante o Guardés. Imprimir un ritmo defensivo e non ter moitas pérdidas de balón será fundamental de cara á dinámica do encontro.

Prómetese un encontro moi dinámico e aberto, onde os dous equipos demostrarán todo o entrenado ata o de agora. 

(IM) REPRINT ARTEIXO BM VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

Afrontan os nosos rapaces do Óptica Gallaecia un partido contra un dos mellores equipos da competición, pero de seguro que darán guerra ata o final e loitarán por levarse os 2 puntos.

(IM) DISALMO BM CANGAS VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA

O Nosolomadera viaxa a unha pista do Gatañal, unha apista de Asobal onde se enfrontará ao Cangas, o líder da competición. A priori o equipo cangués quere demostrar o seu poderío este ano e porá todo o dispoñible para que os 2 puntos queden na casa. Pola contra o Nosolomadera que ven de perder en Lalín pero ven de facer un bo encontro quere redimirse desa derrota e conseguir estes 2 puntos tan importantes que o farán impulsarse neste comezo da Liga Ouro.

(CF) SAR RODAVIGO VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Xa estamos de volta na Liga de Ouro da categoría. Logo do parón desta fin de semana pasada pola concentración das seleccións galegas, o Bm Culleredo Fisioterapia Benestar, desprázase a terras redondelanas o sábado á 13:00 para disputalo seu encontro no Pavillón Municipal da Bombonera.

Motivación e ilusión fronte un equipo que non porá as cousas fáciles.

(CM) VAYRO LALÍN VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING

Este finde os cadetes do caravaning teñen por diante a difícil tarefa de traer dous novos puntos a culleredo. Enfrontaranse a un dos galos da categoría en Lalín o domingo ás 12.30

Os nosos queren seguir na boa racha na que se encontran, polo que será un intenso partido sen dúbida.

(CM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS LÍNEA 21 REFORMAS CORUÑA SL 2021

Volve a competición cadete a escena despois do parón da fin de semana pasada e o BM.Culleredo Remax Riazor, que lidera de forma contundente o Grupo C da liga Prata da categoría, recibe o vindeiro domingo ás 13:00h no municipal de Almeiras aos veciños do BM.Línea 21, no que será o segundo derbi provincial da tempada. O obxectivo dos cullerdenses non é outro que o de conseguir a vitoria e continuar no máis alto da táboa, pero tan importante como esto é a maneira en que se consiga. Neste sentido, o BM.Culleredo Remax debe de continuar evolucionando en varios conceptos do xogo e noutros que teñen que ver co aspecto actitudinal.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS CLUBE BALONMÁN TUI

Este domingo ás 11, os xuvenís de prata reciben no municipal de Almeiras ao BM Tui, un dos rivais máis fortes da categoría. Os cullerdenses encóntranse nunha dinámica positiva e encaran este encontro con moita ilusión e gañas.

(SM) SWEEPEND CULLEREDO VS BM TENERIFE TEJINA

Partido crucial para o Sweepend Culleredo esta fin de semana ante o penultimo clasificado, o conxunto tinerfeño do BM.Tenerife Tejina. O encontro disputarase o sábado ás 19:15h no municipal de Tarrío e os dous puntos son vitais para un Sweepend Culleredo que aínda non coñece a vitoria e ocupa a última posición da táboa, a dous do conxunto insular. Por todo iso, aos cullerdenses tan só válelle a vitoria e para iso deberán de mostrar unha intensidade, actitude e carácter competitivo moito maior que en anteriores encontros. O equipo necesita mellorar nos lanzamentos sós ante porteiro rival, do mesmo xeito que na faceta defensiva e o repregamento, que está a ser unha brecha importante por onde o resto de conxuntos sacan amplo beneficio. Espérase un gran ambiente e unha afección que empuxe aos de Culleredo á súa primeira vitoria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *