Saltar ao contido

O Despreocupate.es lévase os dous puntos nun partido vibrante.

O sábado pasado, os xuvenís de liga prata "despreocupate.es", visitaban a difícil cancha do balonmán Abegondo-Atlantico en San marcos, Abegondo.
Os nosos sabían da dificultade do envite, polo que saían ao 40x20 concienciados e con moita intensidade. Sempre indo por diante no electrónico, os nosos sentíanse a gusto na retagarda, facendo un moi bo papel defensivo co seu sistema 6.0, co que facían case inquebrantable a nosa portería. Malia iso, no eido ofensivo, o culle estaba algo máis "verde". Sendas perdas de balón por malos pases ou malas recepcións e incluso un gran número de erros de lanzamento, facían que os locais mantivesense sempre en partido, chegando a empatarnos na segunda metade.

As ansias dos cullerdenses por obter a vantaxe, máis os nervos e as precipitacións, facían máis complicado que chegase a victoria. Logo dun tempo porto, estas imprecisións foron a menos, e mantendo a concentración e as gañas de levar de volta os dous puntos a casa, o culle obtería un último parcial de 4 a 0 definitivo. Exprimindo os seus últimos folgos en defensa, orixinamos varios contraataques en primera ondada que remataron en tantos claros, chegando así ao final do encontro cun resultado favorable para os cullerdense.

Actitude de dez para este grupazo que xornada a xornada segue a medrar. Noraboa!!!!!

Forza Culle!

Bm atlántico Abegondo 29-33 Bm culle despreocupate.es

AbegondoAtlántico: Pablo Castiñeira, Yago Blanci, Daniel Gómez, Tomás de la Fuente, Gabriel Ventura, Enmanuel García, Adrián Río, Martín Vinagre, Adrián Insua, Lucas Faraldo, Pablo Pardo, Jorge Ferreiro.
BmCulleredo: Juanfran, López (p), Rubén Gantes, Anxo, Mateo Pérez, Matías, Diego del Río, Mario Sánchez, Bruno, Lucas López, Jairo, Alvarito, Antón, Iago Vázquez.

PARCIÁIS:

2-2/ 6-5/ 10-6/ 14-9/ 17-13/ 18-15/ descanso/ 20-16/ 22-18/ 23-22/ 25-25/ 28-27/ 29-33/ final.

ARBITRAXE:

Iván Hernández

INCIDENCIAS:

Terceira xornada de liga prata desputada no municipal de San Marcos en Abegondo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *