Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SWEEPEND LÉVASE O DERBI DE FORMA BRILLANTE

O BM.Culleredo Sweepend, impúxose no día de onte no primeiro derbi da tempada e fíxoo con moita solvencia ante un gran equipo, como é o Montaxes Carballo Xiria. Grazas a este triunfo, os cullerdenses álzanse á segunda praza da clasificación, a só dous puntos do Cisne Colegio Los Sauces, que conseguíu derrotar por dous goles ao equipo de Culleredo na primeira xornada.

Tras un comezo igualado, no que ningún dos dous conxuntos mostrábase superior ao outro e as diferenzas eran mínimas, o 6:0 defensivo do BM.Culleredo Sweepend comezaba a carburar a partir do meridiano e a funcionar con alta intensidade, ben na basculación e nos cambios de opoñente, colaborando cun Marco que desde os primeiros instantes mostrábase resolutivo na portería. O muro que levantaba o BM.Culleredo Sweepend ante o seu porteiro, empezaba a ser dificilmente franqueable polo seu rival e, por contra, abría moitas posibilidades para despregar todo o potencial no contragolpe que atesouran os xogadores cullerdenses. A primeira brecha sería cun parcial de 0-4 a favor dos de Culleredo entre o minuto quince e o vinte, establecendo xa unha distancia importante (5-11). O posicional, tamén funcionaba de forma notable, onde os lanzamentos de Samuel, as penetracións de Iván, o 1x1 de Dani, a conexión co pivote e o éxito na finalización desde o extremo, abrían moitas posibilidades en favor dos intereses dos de Culleredo e moitos quebradeiros de cabeza para os locais. Ao descanso, unha vantaxe moi zumarenta, achandaba o camiño para a continuación (11-17).
No segundo acto, o BM.Culleredo Sweepend terminaría por concretar o bo partido e a vitoria, afianzándose superior ao seu rival no día de hoxe. A diferenza, que seguiría aumentando a favor do conxunto de Culleredo, establecéndose a máxima nos catorce goles (22-36), reduciríase nos últimos catro minutos cos cambios visitantes e a persistencia do sempre competitivo Montaxes Carballo Xiria. Unha vitoria por tanto crucial ante un gran equipo e unha diferenza importante (27-37) ante un rival directo.

Montaxes Carballo Xiria: 27 (11+16). Diego Mourelle, Pablo Veiga, Ángel Villar, Dani Periscal, Hugo García, Samuel Soneira, Brais Suárez, Marcos Suárez, Marcos Amarelle, José Manuel Negreira, Marcos Varela, Jorge Rodríguez, Nicolás Cancela.

BM. Culleredo Sweepend: 37 (17+20). Marco González (P), Hugo Díaz (P), Lucas Sánchez, Aarón Blanco, Marcos Regueiro, Atalo Bello, Josemi, Adrián Veira, Iván Sánchez, Samuel Seijas, Alejo Martínez, Nico Casal, Daniel González, David Martínez.

Parciais 5´: 3-3 / 4-3 / 5-7 / 5-11 / 8-15 / 11-17 / DESCANSO / 14-21 / 16-24 / 18-29 / 20-32 / 23-36 / 27-37.

Colexiados: Ángel Mateos e Martina Regueiro.

Incidencias: 4ª xornada da Liga Ouro en categoría xuvenil masculino e primeiro derbi da tempada. Partido disputado no pavillón municipal Vila De Noia ante un centenar de siareiros de ambos os conxuntos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *