Saltar ao contido

Previa da xornada

A fin de semana da o pistoletazo de saída á competición para os/as máis pequenos/as, que disfrutarán dunha xornada de minibalonmán en Tarrío entre sábado e domingo. Coa maior parte das categorías descansando, afrontan os equipos xuvenís e senior desprazamentos importantes e compricados, nos que loitaremos ata o final por acadalos 2 puntos.

(XM) BM ABEGONDO-ATLÁNTICO SÚMATE VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

Este próximo sábado, o culle xuvenil de prata afrontará a terceira xornada de liga, esta vez visitaremos aos veciños do Abegondo atlántico no municipal de San marcos. Cómo sempre é habitual, temos por diante un envite de moita intensidade, un derbi con todas as letras no que os nosos loitarán por traer os dous puntos para culle e seguir na liña ascendente na que se encontran.

(XM) MONTAXES CARBALLO XIRIA VS BM CULLEREDO SWEEPEND

O BM.Culleredo Sweepend, afronta esta fin de semana un importante duelo provincial, o primeiro da tempada, nun momento anímico sobresainte, despois da gran vitoria conseguida a semana pasada ante a A.D.Carballal. Sen dúbida, o desprazamento a Carballo será outro test de máxima esixencia, ante un conxunto que nas tres xornadas de liga aínda non coñece a derrota. O encontro disputarase na mañá do Sábado (12.15h) no Vila De Noia e os cullerdenses volverán necesitar das súas mellores prestacións para impoñerse no municipal bergantiñán.

(SM) INDUPOR BM PORRIÑO VS SWEEPEND CULLEREDO

O Sweepend Culleredo, afronta este sábado un encontro vital ante un dos seus rivais directos e que, do mesmo xeito que os cullerdenses, aínda non coñece a vitoria nesta primeira nacional. Será polo tanto un duelo de urxencias e, a recado, o que saia vencedor, verá reforzada a súa situación anímica para afrontar os seguintes compromisos. O encontro disputarase ás 18:00h no municipal do Porriño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *