Saltar ao contido

SE LLES ESCAPA A VITORIA AS RAPAZAS DO FISIOTERAPIA BENESTAR

As nosas cadetes do Fisioterapia Benestar viaxaban á Guardia para enfrontarse a un dos rivais fortes da categoría.

Na primeira parte ambos equipos deixaron claro que o partido non ía ser fácil para ningures, e que todas loitarían polos dous puntos. As nosas rapazas comezaron cunha defensa 6.0 que manterían ata o final do encontro. As rivais pola súa contra optaron por unha 5.1.

Nos primeiros minutos do encontro se cometeron unha serie de erros defensivos no momento do repregue, estes derivaron que, a pesares de ir dous goles por enriba, as rivais conseguiran poñerse tres por diante, a cal foi a máxima diferenza que un dos equipos conseguiu, polo que se pode ver a intensidade do partido.

Na fase ofensiva o Fisioterapia Benestar estivo irregular en certos momentos nos que non conseguía manter a calmar, perdendo balóns importantes e non aproveitando as recuperacións defensivas. Aínda así os momentos de calma predominaron, marcando un bo ritmo de ataque e aproveitando os espazos que defensivos, de forma que remataba a primeira parte cun 12-11 a favor das rivais.

Na segunda metade a pesares de que foron moitos os momentos nos que o Fisioterapia Benestar se puxo por enriba no marcador por un gol, e incluso dous nun momento no que as rivais estiveron cunha xogadora menos, o bo xogo das do Mecalia Atlético Guardés, e algúns momentos de descontrol no noso ataque que non dubidaron en converter en gol fixeron moi complicada a vitoria.

Moi bo partido das rapazas do Fisioterapia Benestar que pese a facer unha boa posta en escena non conseguiron sumar puntos. Toca seguir traballando xa que a vindeira semana volverán xogar de visitantes, neste caso fronte outro duro rival da categoría, a Sar Rodavigo.

Forza Culle!!

RESULTADO FINAL : MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS 27 - BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 26

MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS: Zaira Crespo, Marta Rodríguez, Vera Pazos, Sabela Lomba, Mara González, Leire Martínez, Aroa Fernández, , Ainara Lomba, Yasmine López, María González, Uxía Tajadura, Adriana Álvarez, Daniela Pacheco.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR: Carla Muíño, Lucía Inés Cortegoso, Aroa García, Aldara Piñeiro, Adriana Vázquez, Paula Peteiro, Lúa Fernández, Luana Gómez, Antía Ferreño, Valentina Martínez, Carmela Erias, Irene Rodríguez, Sara Fraga, Nadia Martínez.

ÁRBITRAS: Danijela Savic e Isabella Vasquez.

INCIDENCIAS: Segunda xornada da Liga de Ouro Cadete Feminino , disputada no pabellón de A Sangriña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *