Saltar ao contido

Traballada victoria do Climanosa en Carballo.

O sábado pola mañá, os nosos infantís de liga prata Climanosa erguíanse cedo para desputar a segunda xornada de liga, e nesta ocasión, visitamos ao Xiria en Carballo.

Partido moi serio dos cullerdenses que dominaron o encontro dende os minutos iniciáis, onde destacamos a boa defensa 3:3, que partíu de unha gran intensidade e unha gran colaboración da nosa porteria comandada por Xurxo e Iago Bolaños, facendo difícil ás chegadas dos carballeses.

A disciplina táctica en ataque deste grupo, facía case imposible que o Xiria puidese frear as continuas envestidas cullerdenses, e a iso sumámoslle o acerto de cara á portería rival para chegar a un resultado final favorable, cunha renda de seis tantos.

Destacamos a aportación de Nico Glez. e Mario Prada, alevíns que aportaron moito a este grupo en todas as facetas do xogo.

Gran partido deste gran grupo de nenos infantís que seguen medrando xornada a xornada. Noraboa rapaces!!!!!!

ForzaCulle!!!!!!

Garaysa Xiria C 17-23 Bm Culleredo Climanosa

Xiria: Diego Varela, Mateo Viña, Pablo Seoane, Iker Martínez, Fallou Adrián, Román Pérez, Hector Antelo, Daniel Valencia, Antón Cortes, Daniel Gil, Pablo González.

Culleredo: Jaime Vázquez, Samu Costa, Jaco Soto, Hugo Jiménez, Nico González, Antón Méndez, Xurxo Méndez (p), Guille Blanco, Iago Bolaños (p), Roi Palmeiro.

ARBITRAXE:

Iván Hernández.

INCIDENCIAS:

Segunda xornada de liga prata desputada en Carballo ante o Garaysa Xiria 'C'.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *