Saltar ao contido

O infantil masculino ‘ÓpticaGallaecia’ cae ante o Línea21 en Mesoiro.

Visitaban os nosos infantís de prata aos veciños de Mesoiro, o Línea21, na segunda xornada ligueira. Os cullerdenses amosáronse serios e intensos nos sesenta minutos do envite, malia iso non foi suficiente para acadar os dous puntos.

A defensa plantexada polo Culle, compricaba as fortes envestidas dos coruñeses, pero as perdas en ataque non nos permitían collela vantaxe no electrónico e así poder xogar algo máis 'relaxados', xa que a frustración dos nosos foi clave no desenlace deste encontro.

Os cullerdenses loitaron nos sesenta minutos con moita intensidade e nunca deron o encontro por perdido, e esa é a actitude que ten que acompañarnos toda a tempada. Con iso, as victorias sempre chegan...

Malia a derrota, o esforzo e a actitude foron de dez. Noraboa a todos os infantís que forman este grupo, e destacar a participación e a gran aportación dos nosos alevíns, Hugo Fariña e Iván Bregua.

Seguimos traballando, forza Culle!!

Línea 21 33-27 BmCulleredo ÓpticaGallaecia

Línea21: Erik Aller, Aitor Vidal, Manuel Caamaño, Artai Balsa, Thiago Gómez, Gabriel Bascoy, Sara Leis, Xurxo Ferreiro, Román Fandiño, Malick Costoya, Yago Santos, Pablo Blasco.

Bm Culleredo: Aarón Beade, Ivan Bregua, Hugo Fariña, Hugo Nodar (p), Anxo Blanco, Jacobo García, Pablo Penelas, Pablo Fraguela, Fran Hermo (p), Carlitos Allegue.

ARBITRAXE:

Jose López e Noelia Mata.

INCIDENCIAS:

Segunda xornada de liga prata infantil desputada no pavillón de Novo Mesoiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *