Saltar ao contido

PARTIDO MOI COMPLETO DO BM.CULLEREDO SWEEPEND E GRAN VITORIA.

Partido serio e moi completo do BM.Culleredo Sweepend e vitoria incontestable ante un gran rival como é o a A.D.Carballal.
Os xogadores cullerdenses saíron ao 40x20 do municipal de Almeiras moi concienciados e desde os primeiros minutos instalaron un "muro" defensivo difícil de superar por parte do seu rival e un ritmo de xogo demoledor. O 7-1 nos primeiros dez minutos de encontro evidenciaba a superioridade no día de hoxe do BM.Culleredo Sweepend e a frustración dos olívicos que non atinaban coa fórmula para superar o armazón defensivo dos locais. A pesar do tempo morto solicitado polo adestrado dos olívicos, as cousas non variarían e o conxunto de Culleredo asinaba un 21-12 ao descanso que os situaba nun camiño moi fiable para levarse os dous puntos ao remate dos sesenta minutos.
A fin de evitar sorpresas no segundo acto, o BM.Culleredo Sweepend continuaría co seu traballo serio, regular e constante, sen baixar un chisco a intensidade das súas accións e o ritmo exposto. A diferenza continuaría aumentando e o equipo conseguiría unha vitoria contundente e de prestixio ante un gran rival tan competitivo como os de Carballal.

BM. Culleredo Sweepend: 37 (21+16). Marco González (P), Hugo Díaz (P), Lucas Sánchez, Aarón Blanco, Marcos Regueiro, Atalo Bello, Adrián Veira, Iván Sánchez, Samuel Seijas, Josemi Martínez, Alejo Martínez, Nico Casal, Felix Noya, Daniel González, Antón Pérez.

A.D.Carballal: 20 (12+8). Víctor Rodríguez, Iago García, Nicolás Vila, Yago López, David Fdez, Javier Zambrana, Xoel Malfaz, Elías Silva, Anxo Barciela, Diego Otero, Nicolás Docampo, Isidro David Mariño, Alex Figueroa, David González.

Parciais 5´: 4-1 / 7-1 / 12-2 / 15-5 / 18-10 / 21-12 / DESCANSO / 23-13 / 27-13 / 30-13 / 30-15 / 33-17 / 37-20

Colexiados: Iván Hernández e André Pena.

Incidencias: Terceiro encontro da Liga Ouro en categoría xuvenil masculino. Encontro disputado no pavillón municipal de Almeiras cas gradas a rebosar e os siareiros de ambos os conxuntos disfrutando dun encontro apaixoante entre dous grande equipos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *