Saltar ao contido

Derrota do Sutenor ante un moi bo Guardés

Desprazábanse as nosas infantís do Bm Culleredo Sutenor á Guarda na mañá deste sábado para enfrontarse a un dos firmes candidatos ao título desta tempada, o Mecalia Atlético Guardés. Prevíase un partido moi difícil, ante un rival que de seguro non cederá puntos na súa casa, pero que as nosas rapazas afrontaban con ilusión.

Comezaba o encontro con un ritmo moi rápido por parte das locais, que ante o gol das cullerdenses conseguían sacar moi rápido de centro e facernos dano ao contragol. As dúbidas das nosas nos primeiros minutos facíannos moi lentas en ataque, custándonos chegar a ter ocasións claras. No minuto 10 desta primeira metade, reaccionaban as nosas, máis xuntas en defensa, axudándonos moito e forzando lanzamentos dende zonas menos efectivas, sumándolle a isto unha maior claridade en ataque, aproveitando o espazo deixado pola transformación da nosa extremo dereito. Tras un parcial dende o minuto 10 ata o descanso de 9-10 favorable ás cullerdenses iríamonos 2 goles por abaixo ao descanso.

Retomábamos o encontro e continuaba a ser un intercambio de golpes, coas locais subindo a moita velocidade tras pérdida e coas nosas rapazas atopando boas situacións de lanzamento, pero que a porteira local conseguía atallar e privarnos do gol, co que conseguían as da Guarda aumentala súa renta a 4 goles no minuto 10 deste segundo tempo.

Comezaban as nosas rapazas a reaccionar, cun bo parcial de 2-3 favorable ás cullerdenses, amosando que ainda estaban en partido e que os derradeiros 10 minutos serían decisivos.

Cambiaba o Guardés e subía moito máis a súa liña en defensa, cunha presión moi alta que comezaba a pasarnos factura, cun Bm Culleredo Sutenor moi estático e que comezaba a perder balóns en pases dende parado, permitíndolle ás locais rompelo encontro e irse 5 goles arriba a falta de tan só 5 min. Coa necesidade de arriscar máis para poder apretalo marcador e os nervios pola situación do encontro, estarían as nosas máis individualizadas en defensa, véndose superadas pola potencia da lateral dereito da Guarda e atopándose coa porteira local que pechaba o partido e deixaban o marcador final en 33-25.

Bo partido por momentos das nosas rapazas, que demostraron ter nivel para competir con calquera equipo da categoría. Agora toca correxir erros e pensar no seguinte encontro, donde de seguro competiremos ata o final.

Mecalia Atlético Guardés: 33 (17+16) Yasmine, Vera, Silvia, Sabela, Paula, Mara, Daniela, Adriana, Ángela, Yaiza, Laura, Julia, Irene.

Bm Culleredo Sutenor: 25 (15+10) Sara Fernández, Claudia, Sara Villar, Thais, Rosalía, Sofía, Helena, Eva, María, Noa, Alba.

Árbitras: Danijela Savic e Isabella Vásquez, correctas durante todo o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 2ª xornada da Liga Ouro infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *