
Os nosos infantís de liga Ouro do Nosolomadera viaxaban a Lalín para enfrontarse a un dos rivais fortes da categoria.
Na primeira metade o ritmo o puso o Lalín , o Nosolomadera concedía numerosas accións de gol nos exteriores e isto lastraba moito a defensa, si que é verdade que na zona central o equipo estaba c´modo e non concedía apenas espacios para que o equipo local puidera lograr accións efectivas.
Na fase ofensiva o Nosolomadera estivo irregular xa que tivo momentos malos e bós a nivel colectivo .
Co paso dos minutos o Lalín estivo moi acertado tanto a nivel ofensivo coma defensivo e isto fixo que levara unha ventaxa de 5 goles ao descanso . 20-15 no descanso .
Na segunda metade a pesar de que nos primeiros 5 minutos o Nosolomadera encaixara 5 goles, o equipo tiña mellor actitude , e conseguia frear o ataque rival e incluso interceptar balóns para iniciar o contrataque en primeira oleada. Na fase ofensiva o equipo estivo mellor colectivamente , e con acción de colaboración con pase e vai o equipo culerdense lograba goles con facilidade.
Isto daba pé a estar a un gol no marcador pero unha serie de fallos na fase ofensiva e os 1x1 nas zonas exeriores volvian a poñer ao Lalín cunha ventaxa de 3-4 goles que manterían ata o final do encontro .
Bó partido do Nosolomadera que pese a facer un partido irregular , puideron competir todo o encontro, pero con 35 goles encaixados é moi compricado gañar un partido e sobretodo encaixando 20 goles nunha parte.
Toca seguir traballando parar poder mellorar e poder conseguir unha mellor regularidade defensiva.
Forza Culle.
RESULTADO FINAL : LIBRERIA DALVI LALÍN 35 - BM CULLEREDO NOSOLOMADERA 32
LIBRERIA DALVI LALÍN: Eloy González,Izan Sánchez, Addisu Garcia,Joel noche Fernández, Xabier Salgueiro,Eduard Iglesias,Marco González,Enrique Portas.
BM CULLEREDO NOSOLOMERA: Mateo Basanta, Sebastián Ponte, Martin Casal, Javier Orge, Teo Gómez, Alexis Martinez, Mauro Fernández, Iván Gantes, Isaac Lorenzo, Antón Rodriguez, Aitor Fariña,Alejandro Soto.
ÁRBITROS: Diego Rivera, Sara Gómez
INCIDENCIAS: Xornada 2 da liga de Ouro Infantil masculino , disputado no pavillón Municipal de Lalín.
