Saltar ao contido

O XM ‘Despreocupate.es’ consegue os primeiros dous puntos!!!!

Nesta pasada domingo, os xuvenís de liga prata recibían no municipal de Almeiras a un histórico do balonmán galego, o Bm Cangas, correspondendo a segunda xornada ligueira.

Os nosos tiñan coma obxectivo mellorar ás sensacións da xornada anterior ante o Bm Chapela, onde caeran derrotados cun resultado bastante abultado para os vigueses.

Nesta ocasión, o culle saía ó 40x20 con gañas de acadar esos dous primeiros puntos, e a sabendas que estabamos na casa, non ían poñer as cousas sinxelas aos cangueses.

Unha sólida defensa 6.0, complicaba as constantes envestidas do rival, onde destacou un bo sistema de axudas e unha contundencia clave para obtar a victoria do envite. Esto permitíanos correr cara a porteria rival e encaixar tantos en transicións rápidas, onde o rival non era quen de frearnos.

No plano táctico, os cullerdenses melloraron no xogo combinativo, cun pase máis sempre, dando respostas nos extremos e facendo gala de boas continuidades. Malia iso, cometéronse moitos erros de lanzamento, e un número destacable de perdas.

En liñas xeráis, gran partido dos xuvenís do 'despreocupate.es' que consegue a primeira victoria da liga, o que nos dá folgos para ir a pola seguinte e facer desta semana unha boa semana de traballo.

FORZA DESPREOCÚPATE! FORZA CULLE!!!!!!!

Bm Culle despreocupate.es 32-20 Bm Cangas

BmCulleredo: Nico Arias, Diego del Río, Nico Díaz, Rubén Gantes (p), Adrián López (p), Xoel Insua, Lucas López, Jairo Miguez, Anxo Negreira, Bruno Pardo, JuanFran Pazos, Antón Pérez, Mateo Pérez, Mario Sánchez, Álvaro Siso, Matías Teixeiro, Iago Vázquez.

Bm Cangas: Miguel Peixoto, Xurxo Otero, Mateo Hernández, Uxío Vilariño, Rodrigo Colinas, Dimitrije Doder, Nicolás Graña, Gabriel Señoráns, Pedro Piñeiro, Daniel Cancelas, Manuel Malvido, Raul Castro.

PARCIAIS CADA 5':

3-2/ 8-4/ 10-7/ 11-9/ 14-9/ 18-11/ descanso/ 19-12/ 20-13/ 22-14/ 26-15/ 28-18/ 32-20/ final.

ARBITRAXE:

Nico Vázquez e Martina.

INCIDENCIAS:

Segunda xornada de liga prata xuvenil desputada no Municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *