Saltar ao contido

Previa da xornada

Nova xornada de competición, con un sábado ateigado de partidos e con desprazamentos compricados para os nosos equipos. Preséntase unha xornada na que todos os enfrontamentos asemellan ser moi igualados, donde se porán a proba os/as nosos/as nenos/as. Loitarán os senior na casa por sumalos primeiros 2 puntos desta tempada, que sen dúbida será moi difícil.

(IF) BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL VS ALUZ ENERGÍA GALICIA SOCIAL

As infantís do Cristalería Gestal estréanse en Almeiras en competición oficial, diante un equipo que estivo a piques de entrar na Liga Ouro, así que todo indica a que será un partido moi compricado onde veremos ata onde poden chegar as nosas infantís.

(IF) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS VS BM CULLEREDO SUTENOR

Visita das nosas infantís do Sutenor a unha das pistas máis compricadas este ano. O pavillón da Sangriña será unha desas pistas onde poucos puntos se lle escaparán ao equipo local.

O Sutenor chega cunha moral moi alta e quere dar a sorpresa neste inicio de tempada para poder conseguir estar nos primeiros postos neste inicio de competición.

(IM) GARAYSA XIRIA “C” VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

Desprázanse o sábado ás 10:00h os rapaces do Bm Culleredo Climanosa a Carballo para enfrontarse ao Xiria, rival que sempre loita ata o final e que nos porá as cousas moi difíciles de cara á súa portería. Deberán estalos nosos moi centrados na fase ofensiva para superar a presionante defensa dos de Carballo e intelixentes na toma de decisión.

(IM) BM LÍNEA 21 ACADEMIA PLURALIA VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

O Bm Culleredo Óptica Gallaecia xogará o sábado ás 12:30 en Novo Mesoiro fronte ao segundo equipo dos coruñeses. Un partido no que se enfrentarán xogadores na súa maioría de 1º ano, que queren seguir crecendo e progresando como xogadores. Será crave o traballo defensivo dos nosos, moi pendentes das axudas aos compañeiros ante as situacións de 1x1 pola forza dos xogadores rivais.

(IM) LIBRERÍA DALVI LALÍN VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA

Segunda xornada na liga Ouro infantil masculina, onde o Nosolomadera visita a difícil pista do Balonmán Lalín, equipo que opta a todo este ano pese a vir dunha derrota contra o Cangas.

Mentres o Nosolomadera buscará seguir co ritmo defensivo amosado contra o Xiria onde lle deu bo resultado para poder alcanzar os primeiros puntos da competición.

Prométese un partido moi competitivo onde o que teña máis regularidade optará pola vitoria final.

(CF) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Tralo debut a pasada fin de semana do Bm Culleredo Fisioterapia Benestar en Liga Ouro na casa, este sábado ten outra cita no Pavillón de A Sangriña as 12:30. O encontro obligará as cullerdenses a unha longa viaxe.

Ámbolos dous equipos sufriron a derrota na primeira xornada, presaxio do que está en xogo. Será un encontro bonito, disputado. O Fisioterapia Benestar recuperado da derrota, pelexará po r traer os dous puntos para a casa.

(CM) BM LÍNEA 21 REFORMAS CORUÑA VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING

Este sábado as 13.30 os nosos cadetes de liga prata afrontan o segundo partido da competición ligueira. O culle tentará seguir na liña ascendente na que se encontra, e seguir mellorando o seu xogo ante os veciños de Mesoiro.

(CM) BM RODEIRO FARO VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Novo capítulo para o BM.Culleredo Remax en está Liga Prata e primeiro encontro a domicilio. Os cullerdenses viaxan a Rodeiro (Lalín) para enfrontarse este próximo Sábado ás 12:00h ao conxunto locatario no municipal do pobo. Os cullerdenses, continúan co seu particular traballo co claro obxectivo de plantarse a final de tempada na Final Four da categoría. En cada partido, deberán de mostrar un espírito competitivo crecente, así como a evolución no seu xogo e en todas as facetas deste, partindo da mellora en canto a intensidade, concentración e contundencia na súa retagarda.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS BM CANGAS

Segunda xornada para os nosos xuvenís que se disputará en Almeiras o próximo domingo as 13.00

Os de Culleredo queren acadar os dous puntos e mellorar o xogo da anterior xornada.

(XM) BM CULLEREDO SWEEPEND VS A.D. CARBALLAL

O BM.Culleredo Sweepend, recibe este Domingo no municipal de Almerias (18:00h) ao A.D.Carballal de Vigo co obxectivo de non ceder puntos en casa e conseguir a súa segunda vitoria neste inicio de liga. Non será tarefa sinxela, xa que os vigueses móstranse como un conxunto moi competitivo e que xa na fase de clasificación foron capaces de arrebatarlles un punto aos de Culleredo despois de que estes chegarán a dominar por sete goles de diferenza. Aquel encontro en terras olívicas, debe de servir como aviso para que o BM.Culleredo Sweepend saia ao 40x20 de Almeiras coa concentración e intensidade necesarias para quedarse cos dous puntos en xogo.

(SM) SWEEPEND CULLEREDO VS GRÁNITOS IBÉRICOS CARBALLAL

Volta o balonmán de primeira nacional a Tarrío para enfrontar ao Sweepend Culleredo co conxunto olívico do Granitos Ibéricos Carballal. Un encontro que está fixado para o Sábado ás 19:15h e no cal os cullerdenses desexan facerse fortes como locais para conseguir eses primeiros dous puntos na súa marcadora particular. O Sweepend Culleredo deberá de rebaixar os erros non forzados, que están a ser moitos e, ao mesmo tempo, mellorar e aumentar a súa eficacia nos lanzamentos sós ante o porteiro rival. A defensa terá que dar un paso adiante en canto a contundencia e intensidade e no ataque posicional, a disciplina táctica terá que ser moito maior, así como a fluidez no aspecto colectivo do xogo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *