Saltar ao contido

O Galaico Caravaning estrease na liga prata cunha victoria contudente.

Os cadetes cullerdenses de liga prata ´GalaicoCaravaning´, recibía este domingo á mañá ao Bm Rodeiro Faro, para desputar a primeira xornada desta liga prata no municipal de Almeiras.

Gran debut dos de Culleredo, que contando con importantes baixas, antepúxose a todos os pronósticos. Con moita intensidade e seguridade, os de Culle foron quen de domiar todas as facetas do xogo.

No inicio do encontro e case durante toda a primeira metade, o envite amosaba dualidade entre ambos bandos, os de Lalín non se rendían e certos erros defensivos dos de culle provocaban esa igualdade que non nos permitían afastarnos no luminoso. Malia iso, as sensacións eran boas para o GalaicoCaravaning.

No segundo encontro e máis pilas que nos trinta minutos anteriores, os cullerdenses saíron coa navalla entre os dentes, e facendo gala dunha gran defensa 5.1, conseguían recuperar o balón en numerosas ocasións, o que nos permitía correr e chegar con facilidade á portería rival, onde os lalinenses non serían quen de frearnos. Nos trinta minutos deste segunda metade, os rivais só encaixaron na porteria local oito tantos, mentras que os cullerdenses perforaron as redes dos riváis en vinte e seis ocasións.

Xa nos primeiros cinco minutos desta metade o rumbo do partido estaba encamiñado para os de culle, que traballaron con uñas e dentes pra que eses dous primeiros puntos quedasen na casa.

Noraboa a este grupazo de rapaces, seguimos traballando!!!! Forza Culle!

Bm Culleredo Galaico Caravaning 41- 20 Bm Rodeiro Faro

Bm Culleredo: Hugo Bregua, Adri Aneiros, Jorge Amor, Xoan Seoane, Jairo Candamio, Victor LAya, Mateo Negreira, Hugo Bermúdez, Diego Rodríguez, Pablo Ares, Alex Tajes.

Bm Rodeiro Faro: Iván Nieto, Roque Glez, Juan Pablo Santos, Javier Cuñarro, Mohammad Amine, Ramón Millán, Pablo Rguez, Brahim Iqli, Miguel Lamazares, Daniel Vázquez, Diego Glez.

PARCIÁIS CADA 5':

2-3/ 4-3/ 6-5/ 7-7/ 10-10/ 15-12/ descanso/ 19-15/ 24-16/ 28-16/ 33-16/ 36-18/ 41-20/ final.

ARBITRAXE:

Paula Peteiro e Uxía Mariño.

INCIDENCIAS:

Primeira xornada de liga prata desputada no municipal de Almeiras o domingo ás 13:00 ante decenas de siareiros cullerdenses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *