Saltar ao contido

O xuvenil Despreocupate.es cede os dous primeiros puntos na liga prata.

Na mañá do pasado sábado, os nosos xuvenís de prata erguíanse cedo pra poñer rumbo a Chapela na procura dos dous primeiros puntos da tempada. Tiñan por diante unha tarefa compricada ante uns dos favoritos a optar polos postos da finalfour.

Os cullerdenses saían motivados ao 40x20, facendo gala dunha boa defensa, intensos e moi activos de pernas, malia iso, as continuas perdas de balón en ataque non nos deixaban entrar de cheo no partido, indo así sempre por detrás dos de Chapela. A actitude e a intensidade foi en descenso mentres que os Pontevedreses aproveitaban cada erro que os nosos incurrían.

A falta de ritmo en ataque e a desesperación por anotar dos de Culleredo, facía que os nosos aglutinasen as súas accións ofensivas en accións de 1x1, polo que o número de perdas aumentaba, encaixando un parcial importante co que xa sería imposible acercarse aos rivais no electrónico. As opcións de levar os dous puntos pra Culleredo íanse afastando pouco a pouco, o culle só pudo intentar pelexar ata o final e maquillar o posible o resultado.

Mal comezo para os nosos rapaces nesta liga prata, onde aínda teñen moito que amosar. Borrón e conta nova para afrontar unha nova semana de traballo e competición. Isto acaba de comezar, seguimos traballando!!!!!! Forza e ánimo rapaces! Forza culle!

Bm Chapela 34-22 Bm Culleredo Despreocúpate.es

Bm Chapela: Angel Pérez, Ruben Serantes, Pedro Rguez, Xavier Barreiro, Iago Cao, Lois Alonso, Anxo Barca, Adrián Darroza, Nicolás Alonso, Oscar Glez, Andres Glez, Unai Ruiz, Hector da Cunha, Hugo Correa, Ruben Conchouso, Xoel Fdez.

Bm Culleredo: Rubén Gantes, Adrián López, Lucas López, Jairo Míguez, Álvaro Siso, Iago Vázquez, Antón Pérez, Anxo Negreira, Diego del Río, Xoel Insua, Matías Teixeira, JuanFran Pazos, Bruno Pardo, Mario Sánchez, Mateo Pérez, Nico Arias.

ARBITRAXE:

David Fdez. e Jonathan Rguez.

INCIDENCIAS:

Primeira xornada de liga prata desputada no pavillón municipal de Chapela na mañá do sábado pasado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *