Saltar ao contido

TRAPÉS DO FISIOTERAPIA BENESTAR NA LIGA DE OURO

Arrincou este sábado no Pavillón Municipal de Almeiras, a 1ª xornada de Liga Ouro en categoría cadete feminina.

O Bm Culleredo Fisioterapia Benestar, consciente da importancia de cada punto esta tempada, saía á pista para debutar na competición fronte o Bm Carballal.

O encontro non tiña nada que ver co que acontecera facía uns días atrás, o Carballal, mermado de xogadoras cadetes e o Fisioterapia Benestar cos nervios a flor de pel.

Unha primeira parte floxa ( ata o minuto 7 non conseguía estrealo marcador o Culleredo) e sempre por detrás do electrónico, as rapazas cullerdenses parecían adormecidas e perdidas no campo. As cousas non saían e o pouco que facía o Carballal en ataque, era suficiente para acertar en marcar gol pouco a pouco e ir collendo ventaxa.

Xa estaban en pre-aviso os equipos,cos erros podían converterse en goles, despois do visto a fin de semana pasada.

O Fisioterapia Benestar falto de ideas en ataque, con demasiadas accións individuais e pouco xogo colectivo, vía frustadas ás súas opcións de cara a portería. En ningún momento estiveron cómodas no ataque, desaproveitando numerosas ocasións para levalos dous puntos.

A penas casi rematada a primeira parte, parecía co Culleredo espertaba un pouco e conseguía acurtala distancia no marcador (10-13 ó descanso).

Comezada a segunda metade e cuns primeiros 15 minutos de altos e baixos, o Fisioterapia Benestar era quen de empatalo encontro.ata en dúas ocasións. Véndose superiores, o Culleredo volveu ás andadas e o Carballal aproveitou dúas perdas de balóns convertidas en contras, comezando de novo a escaparse no electrónico.

Nin cun cambio a defensa mixta sobre a xogadora máis salientable do Carballal eran capaces as cullerdenses de xestionar a defensa atrás. O carballal era quen de atopar polo extremo un tendón de Aquiles. A partires de ahí, foi unha caída en picado do equipo local, sen folgos para remontar e desexando co partido rematase.

Un estreo con mal sabor de boca para ás cullerdenses, onde veían co triunfo se lles escapara das máns dunha forma absurda.

Esta tempada os días malos páganse caros, asi co Culleredo de seguro tratará de aprender dos erros desta fin de semana e non poñerá as cousas fáciles os rivais.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 21 (10+11): Carla Muiño Cancela , Lucia Ines Cortegoso Rey, Aroa Garcia Pena , Aldara Piñeiro Calvete, Paula Peteiro Vazquez , Lua Fernandez Nuñez, Luana Gomez Fuentes, Antia Ferreño Fernandez, Valentina Martinez Fiuza , Carmela Erias Vazquez, Irene Rodriguez Fernandez, Sara Fraga Fraga, Nadia Martinez Garcia

FERRETERIA MOLARES CARBALLAL BALONMAN “A” 32 (13+19): Ana Prol Diez, Emma Puente Mouttet, Leila Simon Rodriguez ,Laura Cristobo Lopez, Lola Varela Adolphe 8 Lia Salvado Areal, Sabela Lorenzo Lorenzo , Yanet Rodriguez Pereira, Iria Lopez Lopez, Aldara Porrua Seijas , Iria Alonso Rivas, Patricia Teijeiro Saborido

Parciais cada 5 min: 0-1/3-3/4-6/5-9/7-10/10-13 descanso 13-15/17-17/18-22/19-25/19-28/ 21-32 final

Colexiados: Xoan Bello Sampedro e Iván Alfonso Pazos excluiron a Enma Puente e Sabela Lorenzo dous minutos polo equipo visitante.

Incidencias: Partido pertence a 1ª xornada da liga de ouro no Pavillón Municipal de Almeiras cunhas 70 persoas de asistencia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *