Saltar ao contido

O SWEEPEND CULLEREDO CEDE ANTE UN BUEU ATL. BALONMÁN MOI SUPERIOR

Pouca historia houbo no municipal Pablo Herbello no día de onte. O conxunto local, o Bueu Atl. Balonmán, non deu opción a un Sweepend Culleredo que partía coa ilusión de estrear a súa marcadora de puntos, pero que se atopou cun equipo superior en todas as facetas do xogo. Cos primeiros compases, o Sweepend Culleredo resistía ante un conxunto con brío, tentando facer da súa velocidade unha arma letal moi interiorizada no seu modelo de xogo. A resistencia duraría vinte minutos, xa que no seguinte parcial, os locais conseguirían un 3-1 que os distanciaban ata os cinco goles de diferenza (14-9), a mesma que reflectía o electrónico no tempo de descanso (17-12).
Na continuación, o cambio defensivo a 5:1 non producíu efecto e, co paso dos minutos, a diferenza iría aumentado a favor do conxunto locatario cos de Culleredo diluíndose ante a superioridade do rival. De novo, as vinte e seis perdas de balón foron un lastre imposible no día de onte. As tomas de decisión e a finalización ante a portería rival foi deficiente e houbo escasa clarividencia táctica para afrontar o posicional ante a retagarda local. O repregamento defensivo non funcionou e todo iso provocou unha superioridade evidente dos de Bueu que conseguirían os dous puntos en xogo de forma solvente.
Para a semana, o Sweepend Culleredo volve á súa casa, ao municipal de Tarrío e debe de persistir no intento de conseguir a primeira vitoria facéndose forte como local, tal e como xa ocorrese o pasado sábado ante o BM.Ribeiro.

Bueu Atl. Balonmán: 34 (17+17). David Iglesias (1), Javier Torres (3), Diego Lluque (1), Roque Arias (7), Eber Dacosta (2), Brais López (4), Hugo Pérez, José López (4), Andrés Bacelar (7), Gonzalo Freire (3), Eduardo Alonso, Martín Cadilla (2), Miguel Pérez, Julio José Ferreiro, Eloy Malvido, Diego Dios.

Sweepend Culleredo : 23 (12+11). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Iván Sánchez, Samuel Seijas (2), Martín Insua (2), Carlos Costa, Marcos Vázquez, Juanchi, Mario Crecente (8), Pedro Pereira (1), Daniel Salvador (3), Adrián Díaz (1), Carlos Martín (1), Iago Ferreiro (1), Nuno Loxo (2), Senén Garea (2).

Parciais cada 5´: 5-2 / 7-6 / 9-7 / 11-8 / 14-9 / 17-12 / Descanso / 19-13 / 22-14 / 26-16 / 27-17 / 32-20 / 34-23 / Final.

Colexiados: Marta González e Silvia Vázquez.

Incidencias: Partido correspondente a quinta xornada no grupo A da 1ª nacional en categoría senior masculina. Encontro disputado nun municipal Pablo Herbello de Bueu con moi boa entrada e as bancadas cheas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *