
Segunda xornada da liga Ouro en categoría xuvenil masculina e primeira saída do BM.Culleredo Sweepend. O equipo de Culleredo desprazábase a O Porriño para enfrontarse ao equipo dirixido por Xosé Canedo, un cullerdense de prol e que leva xa varios anos ao mando dos xuvenís desa entidade. O BM.Culleredo Sweepend, viaxaba co obxectivo de conseguir os seus primeiros dous puntos, despois da gran remontada ante o Cisne Colegio Los Sauces da pasada semana, pero que non puido rematar co premio final. O encontro do Porriño, non foi o mellor protagonizado polos de Culleredo, pero os dous puntos acabaron por viaxar á localidade coruñesa tras unha segunda parte onde os rojillos terminarían por abrir unha brecha insalvable para o seu rival. Os porriñeses aguantaron os primeiros vinte e cinco minutos, especialmente apoiados polas accións de ataque de Yago Raimúndez e Pablo e pola achega de Nico Giráldez en portería. No último tramo do primeiro acto, o BM.Culleredo Sweepend conseguiría a máxima renda dos primeiros trinta minutos (12-16), diferenza que ao cabo, sería definitiva.
Foi na continuación cando os de Culleredo terminarían por romper o encontro, chegando a dominar por unha diferenza de once goles (18-29). Os locais reducirían a distancia nos algarismos no tramo final, cando a vitoria do BM.Culleredo Sweepend, xa non corría perigo.
Balonmano Porriño: 28 (12+16). Pablo Álvarez, David Rodríguez, Antón Sio, Pablo Rodríguez, Francisco Pérez, Bruno García, Simón Giráldez, Antón Lassen, Unai Soto, Kauan Brayan Leme, Daniel Martínez, Nicolás Giraldez, Yago Raimúndez.
BM. Culleredo Sweepend: 31 (24+17). Marco González (P), Hugo Díaz (P), Lucas Sánchez, Aarón Blanco, Marcos Regueiro, Atalo Bello, Adrián Veira, Iván Sánchez, Samuel Seijas, Alejo Martínez, Nico Casal, Felix Noya, Daniel González, David Martínez.
Parciais 5´: 1-3 / 3-5 / 7-7 / 8-10 / 11-14 / 12-16 / DESCANSO / 13-21 / 14-23 / 18-28 / 21-30 / 24-33 / 28-34.
Colexiados: Sergio Murillo e Ainhoa Rodríguez.
Incidencias: Segundo encontro da Liga Ouro en categoría xuvenil masculino. Partido disputado no pavillón municipal de Porriño ante un centenar de siareiros de ambos os conxuntos.
