Saltar ao contido

Previa da xornada

Nova xornada no inicio desta tempada 23/24 e dan comezo xa as competicións de todos os equipos de infantil para arriba. A xornada ven cargadiña de partidos en Culleredo, donde poderemos disfrutar dun amplio menú de encontros.

(IF) IBERCONSA BM RECONQUISTA DE VIGO VS BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL Comeza a Liga Prata para as rapazas do Cristalería Gestal, que este domingo se desprazan a Vigo para afrontar un difícil partido contra as rapazas do Reconquista. Chegan as nosas moi motivadas para afrontar unha tempada ilusionante e con ganas de amosar o seu progreso!

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS CORETI LALÍN

Primeira proba de fogo para o Sutenor que terá que lidiar cun clásico do balonmán galego na primeira xornada. O Coreti Lalín visita Almeiras depois de clasificarse nun grupo moi compricado. As nosas miniguerreiras buscarán ser solidas a nivel defensivo para poder acadar os primeiros puntos da tempada.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS OAR CORUÑA 1952

Comezará o Climanosa o seu camiño nesta Liga Prata enfrontándose aos veciños do OAR Coruña, un encontro no que deberemos entrar ao 100% dende o inicio se queremos levarnos esos 2 primeiros puntos. O traballo defensivo será clave para poder entrar nunha dinámica positiva.

(IM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS GARAYSA XIRIA “C”

Ven o Óptica moi motivado para afrontar esta primeira xornada da Liga Prata, despois das boas sensacións da pretempada. Como rival teremos ao sempre duro Xiria, que de seguro nos porá as cousas moi difíciles coa súa intensidade defensiva e nos exisirá ao máximo se queremos levarnos os 2 puntos.

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS GARAYSA XIRIA “A”

Derbi provincial para comezar este incio ligueiro para o Nosolomadera que se enfronta ao Xiria A. Un derbi que estará marcado pola intensidade defensiva dos dous equipos. O inicio do encontro será clave para o desarrollo deste. O que menos fallos a nivel defensivo teña probablemente teña máis opcións de levar o encontro e os primeiros 2 puntos nesta competición.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS FERRETERÍA MOLARES CARBALLAL “A”

O equipo cadete feminino do balonmán Culleredo, estréase na Liga de Ouro esta fin de semana , o sábado 14 as 13:00 no Pavillón Municipal de Almeiras. Sen tempo de recuperación, o Fisioterapia Benestar enfróntase ó Carballal de novo en menos dunha semana. O pasado venres, ámbolos dous equipos loitaban por unha importante vitoria nos play off , onde o marcador caeu a prol do Carballal. A mentalidade non vai sela mesma. Pero sen dúbida, si que volverá a ser un encontro duro onde os erros pódense converter en goles.

(CM) BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING VS BM RODEIRO FARO

Este próximo domingo o culle cadete de liga prata, comeza a súa competición. Un grupo formado por rapaces de primeiro ano en case a súa totalidade, que de seguro amosarán un gran balonmán e moitas gañas por dar o millor en cada encontro. Nesta ocasión recibimos ao Bm Rodeiro no municipal de Almeiras o domingo ás 13:00.

(CM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS OAR CORUÑA 1952

Esta fin de semana, o BM.Culleredo Remax Riazor estréase na liga Prata co obxectivo claro de chegar á Final Four da categoría cadete por esta vía. Non cabe outro fin que o de conseguir a primeira vitoria no derbi fronte ao OAR Coruña 1952 e facelo cos mesmos acenos de identidade e o espírito competitivo mostrado a pasada fin de semana en Pontevedra. O xogo deberá de evolucionar e ir mellorando en todas as facetas, partindo da consolidación na retagarda e terminando polo xogo fluído e colectivo no posicional. O encontro, que dará comezo no polideportivo de Almeiras ás 18.30, será o primeiro exame do conxunto de Culleredo nesta competición.

(XM) BALONMÁN CHAPELA VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

Este sábado pola mañana, os cullerdense de liga prata comezan por fin a súa competicion ligueira. Neste primer encontro, viaxamos ata a historia pista do balonmán chapela, onde de seguro será un encontro vibrante. Os nosos preséntanse coma un plantel numeroso e con gañas de acadar cotas altas nesta competición.

(XM) BM.PORRIÑO VS BM.CULLEREDO SWEEPEND

O BM.Culleredo Sweepend, viaxa a Porriño no que será o primeiro desprazamento da competición ligueira para os de Culleredo. O partido ante o BM.Porriño, disputarase o Sábado ás 10:30h no municipal da localidade pontevedresa, nun enfrontamento no que o conxunto cullerdense desexa estrear a súa marcadora de puntos despois da derrota ante o Cisne na primeira xornada. O conxunto local será un duro rival, especialmente despois de ceder pola mínima a pasada semana en Carballo ante o Xiria. O BM.Culleredo Sweepend, deberá de saír moito máis centrado que o fixo na primeira xornada e a partir de aí, mostrar todo o bo facer e capacidade competitiva que lle levou a rozar o triunfo nese primeiro envite ante un dos favoritos como é o conxunto da cidade do Lerez.

(SM) BUEU ATL BALONMÁN VS SWEEPEND CULLEREDO

Este próximo fin de semana, o Sweepend Culleredo volverá a disputar un partido a domicilio. Será o correspondente á 5.ª xornada da 1.ª nacional masculina fronte ao Bueu Atl. Balonmán no pavillón Pablo Herbello. O encontro dará comezo o Sábado ás 19:00h e aínda que será un partido complicado para os de Culleredo, estes, que están a aumentar as súas prestacións co paso das xornadas, competindo cada vez mellor e estando máis preto de estrear a súa marcadora de puntos, viaxarán á localidade pontevedresa co obxectivo de conseguir a primeira vitoria. Parece claro que o equipo deberá mellorar a efectividade nos lanzamentos ante o porteiro rival, así como a eficacia nos 7m. Esto, unido a obter unha maior regularidade e rebaixar as perdas de balón, pode ser o camiño que leve ao conxunto de Culleredo a conseguir esos primeiros dous puntos na categoría.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *