Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a… Limpiezas Horfene

Hoxe queremos presentarvos a un dos novos apoios do clube, Limpiezas Horfene, unha empresa de limpeza da Coruña que cubre todos os servizos imaxinables no ámbito da limpeza.

Estamos a falar dunha empresa cunha experiencia enorme, en funcionamento dende o 1991 e adaptándose ás novas necesidades de particulares, comunidades e empresas. Con 32 anos de experiencia, Limpiezas Horfene ofrece unha ampla carteirza de servizos nos que garantiza rapidez, calidade e un precio moi competitivo. Con 12 empregados/as, ten plantilla suficiente para afrontar calquera servizo que precises e cubrilo o antes posible.

Centrándose na zona de A Coruña e arredores, o seu ámbito de acción exténdese ata Ferrol, Ordes e Carballo, podendo baixo consulta cubrir servizos fóra desos límites. O horario habitual de traballo é de 07:00h a 15:00h, pero se precisas cubrir un servizo fóra destos horarios non dubides en consultalos e preguntar pola dispoñibilidade.

Cabe destacar que unha gran parte dos productos usados nestos servizos son produtos ecolóxicos e con un impacto medioambiental ínfimo, sendo moito máis coidadoso con todos nós.

SERVIZOS OFERTADOS

Limpiezas Horfene ofrece servizos para todo tipo de clientela, xa sexa para un particular como para un profesional, Limpiezas Horfene ten a solución para ti. Contando con unha moi ampla gama de produtos de limpeza que se adaptan ás necesidades do servizo requerido e que garanten o mellor coidado para as nosas instalacións, mobiliario, etc.

Dentro da súa ampla carteira de servizos, destacan como os máis demandados:

LIMPEZA DIARIA: orientada tanto a particulares como a profesionais que buscan un mantemento diario das súas instalación.

  • Limpeza de interiores.
  • Servicio de baños.
  • Control de polvo.
  • Aspirado.

LIMPEZA PERIÓDICA: moi demandados por exemplo por comunidades, pero tamén por particulares e empresas, podendo acordar unha frecuencia na realización dos servizos.

  • Mantemento de superficies.
  • Limpeza de cristales.
  • Portas, mamparas, ascensores escaleiras.

LIMPEZA ESPECIAL: servizos especiais, de especial interese para profesionais, sendo unha das nosas especialidades e maiores ámbitos de actuación as limpezas de novas obras.

  • Limpezas de obra.
  • Instalacións deportivas.
  • Servicios de conserxería.
  • Servicio de lavandería.
  • Electrodomésticos.
  • Fachadas.

LIMPEZAS POR SEGMENTOS: atendemos as necesidades de todos os ámbitos posibles dentro do sector, sendo os máis destacados:

  • Empresas.
  • Oficinas.
  • Laboratorios.
  • Clínicas.
  • Colexios.
  • Tendas.
  • Pisos en alquiler.

Sen dúbida a ampla carteira de servizos de Limpiezas Horfene fai deles unha empresa perfecta para cubrir as túas necesidades, sexa cal sexa o teu perfil, tanto particular como profesional.

POSIBILIDADE DE EMPREGO

¿Eres unha persoa en busca activa de traballo e tes experiencia no mundo da limpeza? Pois estás de sorte, porque Limpiezas Horfene está continuamente buscando posibles incorporacións á plantilla para poder seguir crecendo e cubrir os numerosos servizos de limpeza que se demandan nun sector que se atopa en auxe. Non o penses, proba a contactar con eles, cítate para unha entrevista e aproveita esta gran oportunidade. Entrarías a formar parte dunha empresa profesional, que coida dos/as empregados/as e que ofrece un horario excelente para a conciliación familiar, traballando de luns a venres de 07:00h a 15:00h.

¿POR QUÉ DECIDE LIMPIEZAS HORFENE APOIAR AO BALONMÁN CULLEREDO?

A verdade é que nos decidimos a apoiar ao Balonmán Culleredo porque en certo punto estamos ligados a nivel persoal ao mundo do deporte e consideramos que o deporte é algo fundamental e básico no desarrollo dunha persoa e máis nos/as nenos/as, inculcándolle uns valores, unha capacidade de traballar e unha mentalidade que non poden conseguir en ningún outro ámbito. Ademáis disto, consideramos que o Balonmán Culleredo está a realizar unha labor envidiable nese sentido, sendo coñecedores das problemáticas e dificultades do ámbito e polo tanto valoramos moito e moi ben o traballo que o clube está a realizar.

PARA MÁIS INFORMACIÓN

  • Web: http://horfene.es/
  • Email: info@horfene.es
  • Teléfono: 623 38 40 92

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *