
Os caprichos do sorteo, definían un enfrontamento entre dous grandes equipos na primeira xornada da liga Ouro da categoría xuvenil masculina. O Cisne Colegio Los Saucess, que seguramente parte como máximo favorito a conquistar o campionato galego, visitaba Almeiras para enfrontarse ao BM.Culleredo Sweepend, un conxunto aspirante a loitar por arrebatarlle aos pontevedreses e a outra importante terna de equipos, ese premio final como é o campionato da liga Ouro.
Despois dun inicio arrebatador do Cisne Colegio Los Sauces de Pontevedra e unha entrada en escena irrecoñecible do BM.Culleredo Sweepend (6-16 no minuto 21), nos últimos instantes do primeiro acto os cullerdenses comezarían a entoarse e entrarían de cheo no encontro, reducindo as diferenzas que reflectía o electrónico e retirándose aos vestiarios no tempo de descanso con opcións cara ao segundo tempo (14-19).
A continuación, amosounos a un BM.Culleredo Sweepend moito máis recoñecible, cos seus claros acenos de identidade nunha retagarda profunda e agresiva e a saída ao contragolpe. Os de Culleredo pasaban a dominar o envite e afogaban á primeira liña pontevedresa, que atopaban a súa mellor vía de escape no pivote Manuel Lorenzo. O BM.Culleredo Sweepend reducía as diferncias co paso dos minutos, ata conseguir embotellar ao seu rival nun final vibrante (28-30 minuto 55). A incerteza era agora evidente e as dúbidas estaban ao lado cineista. O BM.Culleredo Sweepend marcaba (31-32) e a penas quedaban uns segundos para que o árbitro dese o encontro por finalizado. Foi entón cando Dani Martínez, na súa ansia por provocar o erro, metíase dentro do círculo central e impedía o saque do conxunto de Pontevedra…..tarxeta vermella e 7m que Manuel Lorenzo materializaba xa con tempo a cero para levarse unha importante vitoria cun resultado final de 31-33.
Despois dun parcial gañador dos locais que terminaría por concretarse nun 17-14 insuficiente, pero que resalta o gran mérito deste equipo ante o todopoderoso Cisne Colegio Los Sauces, o BM.Culleredo Sweepend afrontará a próxima xornada fóra de casa ante o BM.Porriño.
BM. Culleredo Sweepend: 31 (24+17). Marco González (P), Lucas Sánchez, Aarón Blanco, Marcos Regueiro, Atalo Bello, Adrián Veira, Iván Sánchez, Samuel Seijas, Josemi Martínez, Alejo Martínez, Nico Casal, Felix Noya, Daniel González, David Martínez, Antón Pérez.
Cisne Colegio Los Sauces: 33 (15+13). Antón Rodríguez, Antonio Rey, Xoán Fdez, Miguel Domínguez, Manuel Lorenzo, Alejandro Arias, Javier Costa, Breixo Fentanes, Pedro Fdez Couto-Goicoechea, Arón González, Manuel Hernández, Juan González, Adrián Rey, Roi García, Hugo Casal, Mateo Monteagudo
Parciais 5´: 2-7 / 3-10 / 4-12 / 6-15 / 8-17 / 14-19 / DESCANSO / 17-22 / 19-23 / 21-26 / 25-28 / 28-30 / 31-33
Colexiados: Pablo Torreiro e André Pena.
Incidencias: Primeiro encontro da Liga Ouro en categoría xuvenil masculino. Encontro disputado no pavillón municipal de Almeiras cas gradas a rebosar e os siareiros de ambos os conxuntos disfrutando dun encontro apaixoante entre dous grande equipos
