
O Sweepend Culleredo, a punto estivo de estrear a súa marcadora de puntos nesta primeira nacional. Despois de dous enfrontamentos anteriores (ante o Xiria e o BM.Galdar) competindo e roldando o sacar algo positivo, este pasado Sábado ante o conxunto de Ribadavia, os cullerdenses foron merecedores de moito máis, mostrándose superiores en xogo ao seu rival en moitas fases do encontro, especialmente nos tramos finais de ambas as partes, de clara cor local. Xa no descanso, o Sweepend Culleredo dominaba por un meritorio 19-16, nunha arrancada final na cal a lucidez e a velocidade do equipo de Culleredo proporcionaríalle esa zumarenta renda. Revolvéndose como gato bandullo arriba, os Ourensáns negábanse a dar a batalla por perdida e sairían na segunda parte coa intención de reducir a distancia. A sua defensa subiría un ton e a maior contundencia dificultaba o posicional dos de Culleredo, que se terían que empregar máis a fondo e ser máis pacientes na circulación do balón. Con todo e iso, o conxunto visitante conseguiría o obxectivo de voltear os algarismos para dominar por 29-31 a falta de tres minutos para a finalización, pero o Sweepend Culleredo, nun acto de resiliencia e crenza en se mesmo, lograría de novo levar as táboas e a incerteza ao marcador nos instantes finais, pero unha acción en 1x1 de Celso, daría os dous puntos ao conxunto de Ribadavia cando tan só tres segundos anunciaban a inminente final do envite.
Sweepend Culleredo : 31 (19+12). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Iván Sánchez, Samuel Seijas (5), Martín Insua (3), Marcos Vázquez (2), Juanchi (1), Mario Crecente (3), Pedro Pereira (4), Daniel Salvador (5), Adrián Díaz (1), Carlos Martín, Iago Ferreiro (5), Nuno Loxo (2), Senén Garea, Darío Pérez.
BM.Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal: 32 (16+16). Ángel Táboas, Pablo Gayoso (4), Manuel Villalba, Daniel López (5), Celso Ramón Sotelo (2), Pablo Lorenzo, Ángel Riveiro, Xacob Novoa (6), David Costa, Nicolás Alberte (3), Mario Fdez, Jacobo Rodríguez (5), Xoel Martínez (6), Jacobo Soto (1), Rubén Gonzalez, Manuel Cerviño.
Parciais cada 5´: 1-3 / 7-6 / 8-9 / 11-11 / 15-16 / 19-16 / Descanso / 21-19 / 22-21 / 22-25 / 25-26 / 27-28 / 31-32 / Final.
Colexiados: Carlos Manuel Alonso e Cesar Díaz.
Incidencias: Partido correspondiente a cuarta xornada no grupo A da 1ª nacional en categoría senior masculina. Encontro disputado nun municipal de Tarrío enfervorecido e con moi boa entrada.
