Saltar ao contido

UN ANO DESPOIS, O BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VOLTA A LIGA DE OURO

Esta fin de semana o Bm Culleredo Fisioterapia Benestar ,disputou os play off de ascenso a Liga de Ouro categoría cadete feminino no Pavillón Loureiro no municipio de Carballal.

Encadrado no Grupo C, disputaba tres encontros fronte a rivais coma ; o Coreti Lalín, Ferretería Molares Carballal Balonmán A e o Sd Teucro Bonpollo en xornada de venres a tarde, sábado a maña e domingo a maña.

O venres o equipo cullerdense xogaba contra o equipo anfitrión, o Ferretería Molares Carballal A , nun encontro duro físicamente. As rapazas do Culleredo querían demostrar que querían pelexar por unha das 10 prazas que concedía a Federación Galega para xogar na Liga de Ouro.

Unha primeira parte de coñecemento entre ámbolos dous equipos. O Carballal , todo un experto nestas competicións.

Xa nos primeiros copases do partido ,o Carballal, desmarcouse no marcador pero o Culleredo foi quen de empatalo encontro e manterse pola mínima varios minutos. O Carballal logo dun baixón defensivo por parte do Culleredo, xa foi quen, de coller unha ventaxa cómoda e rematar coa victoria. O obxectivo do Culleredo cambiaria nos compases finais do encontro, intentado reducila diferencia de goles que sería importante de cara as seguintes xornadas. O encontro rematou cun resultado de:

Ferretería Molares Carballal Balonmán A 32- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 25.

Logo da derrota do día anterior, o encontro do sábado á mañá, era crucial para o Fisioterapia Benestar se quería seguir vivo nos play off. Un encontro serio fronte a un vello coñecido, o Coreti Lalín. O equipo cullerdense reforzouse defensivamente e tamén o ataque colectivo labrou os seus cimientos, levando á victoria, ó equipo cullerdense. A defensa 6:0 traballada nos últimos entrenamentos, daba resultado con pequeñas mínimas no marcador a prol do Culleredo. Dironse varios factores na segunda metade; unha constante física (últimamente tiña un baixón  importante), non irse mentalmente do encontro, a intervención das porteiras de ámbolos dous equipos.

Resultado final :

Coreti Lalin 19- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 21

Pero aínda non estaba todo decidido e chegaba a mañá do Domingo.

O Culleredo necesitaba da victoria, pero dunha victoria ampla fronte o Sd Teucro Bonpollo, éste non tiña moitas opcións de clasificación, pero o Culleredo si. Iso non significaría que ía ser un rival fácil, o contrario, era o candidato perfecto para cometer erros e baixalo ritmo de competición.

Unha primeira parte onde cambiariase a defensa dos últimos días polo 5:1,era pouco efectiva. Rota polo doble pivote do Teucro poñia as cousas difíciles defensivamente. Tampouco o desatino de lanzamento por parte do Culleredo axudaba moito a escaparse no marcador. Cun 7-6 a prol do culleredo e vendo que non se ía nin pa diante nin pa atrás, a entrenadora do Culleredo ,solicitou un tempo morto e as cousas cambiaron. Modificouse de novo a defensa a 6:0 e ao ataque deselle unha transición de balón máis rápidas. Pouco a pouco o Fisioterapia Benestar distanciábase no marcador, aliviando un puco a presión das xogadoras do que supoñía obter unha victoria si ou si.

Foi o encontro no que máis rotacións de banquillo se produciu. O Culleredo gañaba o encontro Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 29- Sd Teucro Bonpollo 18 e aseguraba un posto en Liga de Ouro, un ano despois, xa que a tempada pasada participou na Liga de Prata tras caer nos play offs celebrados en Redondela.

O Balonmán Culleredo Fisioterapia Benestar, queda encadrado na Liga de Ouro conformada por outros 9 equipos ; Meaño, Lavadores, Cangas, Chapela, Carballal, Bueu, Guardes, Sar e As Choqueiras.

Noraboa polo ascenso a Liga de Ouro a todas xogadoras e familias do Balonmán Culleredo que acompañaron ó equipo dentro e fora do terreo de xogo.

As xogadoras do Bm Culleredo Fisioterapia Benestar que participaron nestos play off foron:

Carla Muiño Cancela, Uxía Otón González, Lucia Inés Cortegoso, Aroa García Pena, Aldara Piñeiro Calvete, Adriana Vázquez Rivas, Paula Peteiro Vázquez, Lúa Fernández Núñez, Luana Gómez Fuentes, Antía Ferreño Fernández, Valentina Martinez Fiuza, Carmela Erias Vázquez, Irene Rodriguez Fernández, Sara Fraga Fraga, Nadia Martinez García

Forza culle

Incidencias: Play Off do Grupo C para o ascenso a Liga de Ouro disputado no Pavillón de Loureiro no Concello de Carballal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *