
O Remax Riazor viviu esta fin de semana unha marea de emocións no Play Off de ascenso a liga de Ouro.O grupo da morte dictaría este domingo o equipo que xogará liga de prata esta tempada e nesta ocasión tocarialle ao equipo cullerdense.
Un grupo de clasificación onde estaban encaixados os primeiros 3 equipo clasificados de fai dous anos, Balonmán Cisne, Balonmán Lalín , Remax Riazor Culleredo e a maiores sumábase o Balonmán Cañiza.
No primeiro encontro o Remax Riazor enfrontábase ao Balonmán Lalín, os nosos saían con moita agresividade defensiva e cun bó ritmo ofensivo logrando boas rentas de 3-4 goles. A defensa 5:1 agresiva do Remax Riazor dominaba o encontro provocando un mar de dudas ao ataque lalinense que encontrabase moi incómodo nesta fase do xogo . Ainda asi no final da primeira parte conseguía goles rápidos para poder reducir esa renta que tiña o equipo cullerdense. 20-18 para o Remax Riazor o descanso.
Na segunda metade nos primeiros 15 minutos o equipo cullerdense seguía dominando no marcador pero o Lalín estaba en alza e conseguía remontar o encontro , o Remax Riazor perdía a concentración e o control do encontro , e o ia a pagar moi caro xa que a falta de 10 minutos o Lalín xa estaba 1 arriba e non soltaría esa renta, senon que a aumentaría, o Remax buscou a desesperada a remontada pero non puido ser , o equipo lalinense levábase os dous puntos tan ansiados nesta primeira xornada.
Faltou regularidade ambición e concentración nos minutos finais, ainda así demostrouse o podería e a agresividade que ten este Remax Riazor .
RESULTADO FINAL: BM CULLEREDO REMAX RIAZOR 28- EMBUTIDOS LALINENSE 34
Na segunda xornada deste Play Off de ascenso o Remax Riazor enfrontábase ao Balonmán Cañiza, a priori o rival máis endeble do grupo , pese a iso o encontro empezou igualado nos primeiros 10 minutos, pero unha boa reacción de xogo , actitude e concentración do Remax Riazor fixo que só encaixaran 2 goles nos últimos 20 minutos da primeira parte, moita diferencia de xogo e no marcador neste encontro o finalizar este periodo. 28-9 o descanso.
Na segunda metade o ritmo do equipo cullerdense sería o mesmo , é o único camiño para poder manter o ritmo de xogo neste Play Off tan duro . O Remax Riazor mantivo a concetración do encontro para poder sueperar con creces e respeto ao equipo de Cañiza que cunha plantilla moi curta fixo unha gran actuación neste Play Off de ascenso.
O final victoria clara do Remax Riazor que xogaráse todo no derraideiro encontro ante o Colegio Los Sauces Cisne, o campión galego de fai dous anos.
RESULTADO FINAL: BM CULLEREDO REMAX RIAZOR 43 - XESTASERVI CAÑIZA 13.
O domingo as 12:30 o derradeiro encontro , o encontro que marcaría o futuro deste dous equipo , só un deles acadaría un posto na liga Ouro . Un encontro que dende o comezo serái moi tenso , con pequenas vantaxes no electrónico por parte do equipo local , pero que pouco a pouco e cun traballo digno de admirar o Remax Riazor provocaría estar no descanso tan só a 1 gol do equipo pontevedrés e con sensacións de poder estar aínda máis arriba no marcador . 15-14 o descanso no Municipal de Ponteverdra.
A segunda parte e cunha tensión máxima nos xogadores foi unha montaña rusa de emoción , acertos , erros, onde o beneficiado foi o Cisne pero cun Remax Riazor que non lle faltou nadiña para poñerse por diante xa que tivo as opcións no encontro e poder manter un rendemento alto para poder acadar os 2 puntos e unha renta alta que facilitarialle a praza a liga de Ouro , pero non puido ser, os nosos non puideron conseguir o obxetivo da victoria, xa que o Cisne tivo máis fortuna e mellor acerto no último treito do encontro e levouse este partido tan intenso e tan impropio neste comeza de tempada que parecía por un momento que os dous equipos estaban a xogarse o titulo ligueiro.
RESULTADO FINAL : CISNE COLEGIO LOS SAUCES 35- BM CULLEREDO REMAX RIAZOR 33
Felicitar a todos os participantes deste Play Off de ascenso a liga de Ouro sobretodo os cullerdense do Remax Riazor que pese a derrota neste sector, as emocións vividas dentro e fora da pista fan a este grupo un mellor equipo e sobretodo destacar que eles mesmos deronse conta que poden competir e gañar a calquer equipo de Galicia. Agora toca longo traballo na liga de Prata para poder acadar unha praza ao Play Off de de cara a un posible campionato de España. Queda moito tempo , moito traballo pero a dinámica e o camiño o ha marcado este grupo, eles mesmos han falado na pista de que é o que queren facer este ano . Noraboa polo compromiso e a actitude vivida neste Play Off.
Forza Culle.
BM CULLEREDO REMAX RIAZOR: Hugo Díaz, Hugo García, Hugo Rodriguez, Fabián Manzo, Jorge Outón , Xoán Bello, Xoán Canedo , Jaime Serrano , Teo López, Pablo Ares, Roi Fernández, Iago Allegue,Alex Tajes y Diego Piñeiro.
INCIDENCIAS: Play Off de ascenso a liga de Ouro do grupo B da categoria cadete masculino , disputado no Municipal de Pontevedra.
