Saltar ao contido

Previa da xornada

Nova fin de semana de Play-Off, desta tócalle aos equipos cadetes, que se desprazan ao sur da comunidade para afrontalos seus encontros e loitar por unha praza en Liga de Ouro. Por outra parte, da comezo esta semana a Liga de Ouro na categoría xuvenil masculina nun duro encontro fronte ao Cisne e os nosos senior afrontan unha exisente xornada de 1ª Nacional fronte ao Carnes do Ribeiro.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR PLAY-OFF

O Bm Culleredo Fisioterapia Benestar desprazarase esta fin de semana a terras viguesas para disputalo Play Off Cadete Femenino de acceso a Liga Ouro.

Encadrado no Grupo C, os seus rivais serán o Ferretería Molares Carballal Balonmán A, Coreti Lalín e o Sd Teucro Bonpollo.

A loita será por acadar un dos 10 postos que darán opción a xogar na Liga Ouro a tempada 23/24, nun grupo onde se competirá ó máximo nivel sabendo o que está en xogo.

(CM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR PLAY-OFF

Esta fin de semana, o BM.Culleredo Remax Riazor disputará o Play-Off cadete masculino para poder conseguir unha nova participación na liga Ouro da categoría. O conxunto cullerdense, disputará os seus encontros no municipal de Pontevedra ante os equipos Embutidos Lalinense (Lalín), Xestaservi BM.Cañiza (A Cañiza) e Cisne Colegio Los Sauces (Pontevedra). O obxectivo é alcanzar a primeira praza deste grupo e, con iso, a clasificación para esa Liga Ouro na tempada que se aveciña. A orde de partidos será o anteriormente establecido, comenzando o venres ante o conxunto do Deza (19:00), para seguir o Sábado ante o da Cañiza (10:30h) e terminar o Domingo ante o clube organizador, o Cisne de Pontevedra (12:30). Ante a esixencia do grupo, no que están encadrados o campión galego, o subcampión e o terceiro da Liga Ouro de fai duas tempadas, os cullerdenses deberán de realizar tres partidos moi serios, onde especialmente, o seu nivel defensivo esté a una gran altura. O equipo deberá de reducir e minimizar os erros non forzados ante a entidade dos conxuntos rivais.

(XM) BM CULLEREDO SWEEPEND VS CISNE COLEGIO LOS SAUCES

O BM.Culleredo Sweepend, recibe este próximo Domingo, no primeiro encontro da Liga Ouro da categoría, a un dos aspirantes ao título, o Cisne Colegio Los Sauces de Pontevedra. Por tanto, a competición comeza cun partido de altos voos entre dous conxuntos aspirantes a todo nesta competición. O pavillón de Almeiras será testemuña, ás 18:00h, dun dos enfrontamentos máis interesantes da competición e prevese un choque igualado e vibrante ata os instantes finais.

(SM) SWEEPEND CULLEREDO VS BM RIBEIRO RODOSA OURENSE PROVINCIA TERMAL

O Sweepend Culleredo, volve a Tarrío despois dos dous encontros a domicilio disputados de forma consecutiva. Os cullerdenses recibirán ao BM.Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal, no intento por sumar os dous primeiros puntos nesta primeira nacional. Os ourensáns suman catro puntos nas tres primeiras xornadas e é un equipo con experiencia e moita veteranía nas súas filas, que contrasta coa mocidade do conxunto de Culleredo. Por todo iso e polas baixas de longa duración dos laterais esquerdos do equipo, Marco García e Alex Gómez, as dificultades son máximas, pero o Sweepend Culleredo está mentalizado para facer da súa casa un fortín e ofrecer os primeiros puntos á súa afección. O encontro disputarase o sábado ás 19:15h.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *